Goree Carter
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de decembro de 1930 Houston, Estados Unidos de América |
Morte | 29 de decembro de 1990 (59 anos) Houston, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Período de actividade | 1954 - |
Xénero artístico | Rhythm and blues |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | Imperial Freedom (pt) |
Goree Carter, nado en Houston (Texas) o 31 de decembro de 1930 e finado na mesma cidade o 29 de decembro de 1990, foi un cantante de rhythm and blues e guitarrista de rock and roll estadounidense. Foi sobre todo coñecido polo seu sinxelo de 1949 "Rock Awhile", que está considerado un dos principais candidatos a ser a primeira gravación de rock and roll, e que ten un estilo de guitarra eléctrica saturada semellante ao que usou Chuck Berry varios anos despois.