Gopher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gopher é un protocolo de redes de computadoras deseñado para indexar repertorios de documentos para internet. Os documentos preséntanse estruturados xerarquicamente, a información clasifícase por tipos e accédese a eles por menús.
Presentouse en 1991, elaborado por Paul Lindner e Mark McCahill da Universidade de Minnesota. Ata que se desenvolveu a World Wide Web e protocolo HTTP, este servizo era o máis popular da rede, pero actualmente só quedan uns poucos servidores Gopher e Mozilla e AOL aínda soportan o protocolo, aínda que de forma incompleta. Internet Explorer deixou de soportalo en xuño de 2002 logo de descubir un fallo de seguridade.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]