Good Riddance
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Good Riddance | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Santa Cruz, California, |
| Período | 1986 - 2007 |
| Xénero(s) | punk rock, hardcore melódico, skate punk |
| Selo(s) discográfico(s) | Fat Wreck Chords |
| Membros | Russ Rankin Luke Pabich Chuck Platt Sean Sellers |
| Antigos membros | |
| Web oficial | |
Good Riddance foi unha banda de punk rock estadounidense procedente de Santa Cruz, California. O grupo formouse no ano 1986 e separaríase no 2007, despois de editar sete álbums de estudio a través do selo Fat Wreck Chords. Liderada polo vocalista Russ Rankin, nela tamén estaban o guitarrista Luke Pabich, o baixista Chuck Platt e o batería Sean "SC" Sellers. O seu son estaba influenciado pola escena hardcore punk e a banda foi coñecida por combinar punk rock rápido e melodías pegadizas. As letras van dende a protesta política e a análise crítica da sociedade estadounidense ata a loita persoal e a alienación.
Discografía [editar]
- For God and Country - 1995
- A Comprehensive Guide to Moderne Rebellion - 1996
- Ballads from the Revolution - 1998
- Operation Phoenix - 1999
- Symptoms of a Leveling Spirit - 2001
- Bound by Ties of Blood and Affection - 2003
- My Republic - 2006