Gonzalo de Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gonzalo de Castro - Tat.jpg

Gonzalo de Castro, nado o 2 de febreiro de 1963 en Madrid, é un actor español que alcanzou notable popularidade grazas ao seu papel de Gonzalo na serie de televisión Siete Vidas, ou a serie Doctor Mateo. En 2014 protagoniza xunto a Belén Rueda a serie B&b, de boca en boca.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Terminou a carreira de Dereito con 23 anos, pero finalmente consagrou a súa vida ao mundo da interpretación. En Siete Vidas foi, en principio, figurante e inclusive axudante de dirección, ata que o produtor brindoulle a oportunidade de actuar.

O lugar onde se sente máis cómodo é no teatro, onde realizou unha cantidade considerable de traballos, entre os que se encontran a obra Las últimas palabras de copito de nieve, coa compañía "Animalario".