Gonzalo de Amarante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Beato Gonzalo de Amarante
Goncalo amarante.jpg

Imaxe do Hospital de San Gonzalo (Amarante)
Confesor
Biografía
Nacemento 1187 en Arriconha (Tagilde, Vizela, Portugal)
Pasamento 10 de xaneiro de 1259 en Amarante (Portugal)
Proceso de canonización
Beatificación 1560, en Roma por Pío IV
Veneración
Venerado/a en Igrexa Católica
Festividade 10 de xaneiro

Gonzalo de Amarante, nado en Tagilde, Vizela, Portugal en 1187 e finado o 10 de xaneiro de 1259, é un beato dominico da Igrexa católica, e a súa festividade celébrase o 10 de xaneiro.[1]

Sábese moi pouco da vida deste popular beato. Pertenceu a unha extensa familia nobre, desde pequeno, practicamente desde o bautismo, sentiuse atraído pola relixión, dándose conta o arcebispo de Braga, quen o tomou como aprendiz e preparouno para o sacerdocio. Aceptárono os frades dominicos, sendo reitor da orde do bispo en San Pelagio. Foi de peregrino aos catorce anos a Palestina e Roma, e ao seu retorno, por múltiples cambios e problemas co seu sobriño retirouse en Amarante a vivir de xeito solitario, dedicándose á evanxelización. Aos poucos, unha grave enfermidade foi deteriorando a súa saúde, ata falecer o 10 de xaneiro de 1259.[1]

En 1560 o papa Pío IV beatificouno.[1] A súa canonización nunca se concretou pero de igual forma é chamado comunmente santo, celebrándose a súa festa o 10 de xaneiro, día do seu falecemento.

É invocado como casamenteiro das vellas e nos casos de infertilidade.[2][3]

En honor deste beato portugués, unha coñecida canle brasileira que cruza a cidade de Pelotas (Río Grande do Sur), foi chamada Canle São Gonçalo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Archidiócesis de Madrid. "Gonzalo de Amarante, Beato". Catholic.net. http://es.catholic.net/santoral/articulo.php?id=383. Consultado o 18 de febreiro de 2013. 
  2. Lifecooler. "Romería de San Gonzalo". http://es.lifecooler.com/lifecooleres/romeria-de-san-gonzalo-fiestas-populares-323080-1.html. Consultado o 18 de febreiro de 2013. 
  3. Arquivo Português de Lendas. "Lenda do Casamenteiro das Velhas". http://www.lendarium.org/narrative/lenda-do-casamenteiro-das-velhas/. Consultado o 18 de febreiro de 2013. 
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gonzalo de Amarante