Gonzalo Torrente Malvido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGonzalo Torrente Malvido
Biografía
Nacemento4 de abril de 1935 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de decembro de 2011 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , guionista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiGonzalo Torrente Ballester Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0868486 Editar o valor em Wikidata

Gonzalo Torrente Malvido, nado en Ferrol o 4 de abril de 1935 e finado en Madrid o 26 de decembro de 2011, foi un escritor, tradutor e autor de guións cinematográficos galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o segundo fillo, e o maior entre os homes, de Gonzalo Torrente Ballester e da súa primeira muller, Josefina Malvido Lorenzo.

Licenciado en Filoloxía hispánica, trasladouse a Madrid e comezou a publicar novelas nos anos sesenta. Co seu primeiro volume, Hombres varados, chegou a ser finalista do Premio Nadal en 1960, e tres anos máis tarde conseguiu o Premio Café Gijón, daquela un importante galardón da escena literaria madrileña, con La raya. Habitual de festas e excesos durante o franquismo, en 1968 foi condenado a unha pena de cárcere por suplantación de personalidade. Posteriormente viviu en diversas cidades da costa mediterránea[1].

Escritor de novela negra, relato e novela breve, tamén foi o autor da biografía oficial do seu pai, así como da adaptación dunha das súas novelas, Crónica del rey pasmado ao cine, o que lle valeu un Premio Goya en 1992. Como tradutor, destacou sobre todo por verquer ao español boa parte das novelas de Georges Simenon que tiñan como protagonista ao comisario Maigret. Durante os últimos anos da súa vida pasou algún tempo como esmolante, durmindo nun parque de Madrid[2], ao tempo que daba recitais de poesía en diversos locais da cidade.

Obra[editar | editar a fonte]

Ficción[editar | editar a fonte]

Non ficción[editar | editar a fonte]

  • Apéndices a Baroja y su mundo: breve censo de personajes, 1962
  • Torrente Ballester, mi padre. La saga/fuga de Gonzalo Torrente Ballester, 1990

Adaptacións ao cine[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Era tío do escritor Marcos Giralt Torrente. Faleceu como consecuencia dunha operación, foi incinerado e as súas cinzas espalladas en Galicia.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]