Gonzalo Martín March
Gonzalo Martín March, nado en Ourense en 1897 e finado na mesma cidade o 17 de setembro de 1936, foi un político galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Foi profesor da Academia preparatoria do Instituto de Pontevedra. Militou na ORGA-FRG e posteriormente en Izquierda Republicana. Durante a Segunda República foi alcalde de Marín e gobernador civil de Ourense en 1936.
Nos días da sublevación militar de xullo de 1936 conseguiu fuxir de Ourense a Pontevedra, pero foi detido e estivo preso no Instituto de Pontevedra. Xulgado en Consello de Guerra sumarísimo, foi acusado de traizón e condenado a morte. No proceso, Martín March declárase autor de todo o sucedido en Ourense para evitar o movemento militar, e di que “si su vida es un obstáculo para la paz que se la ofrenda a España”. Foi fusilado o 17 de setembro negándose a recibir os auxilios relixiosos.
Foi membro do triángulo masónico “Solón”, de Marín.
| Predecesor: José Alcántara Fernández |
alcalde de Marín 1931 |
Sucesor: Agustín Rey Fonseca |
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Pereira Martínez, Carlos (2004). "A Familia Poza: Un exemplo de republicanismo e librepensamento en Pontevedra". Anuario Brigantino (27): 265-312. http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab2004PDF/2004%20265-312%20PEREIRA.pdf. Consultado o 28 de agosto de 2012.