Gonzalo Javier Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gonzalo Rodríguez
Gonzalo Javier Rodríguez.jpg
Información persoal
Nome completo Gonzalo Javier Rodríguez
Nacemento 10 de abril de 1984 (30 anos)
Lugar Buenos Aires, Arxentina
Altura 1,83 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Villarreal
Número 2
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2002–2004 San Lorenzo 57 (4)
2004– Villarreal 175 (6)
Selección nacional
2003– Arxentina 6 (1)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 12 de marzo de 2012.
† Aparicións (Goles)

Gonzalo Javier Rodríguez, nado en Buenos Aires o 10 de abril de 1984, é un futbolista arxentino. Xoga de defensa central, actualmente no Villarreal CF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Buenos Aires, comezou a súa carreira profesional no San Lorenzo da Primeira División arxentina no ano 2002.

En xullo de 2004, fichou polo Villarreal CF, foi titular indiscutíbel nas dúas primeiras tempadas, e renovou o seu contrato por cinco anos.[1] Porén, sufriu unha grave lesión ao mancarse o ligamento cruzado do seu xeonllo dereito. Tras xogar de novo en abril de 2007, sufriu a mesma lesión dous meses máis tarde.[2]

Na tempada 2008-09, Rodríguez volveu nun gran estado de forma, xogando en 48 partidos de liga nas dúas seguintes tempadas, co Villarreal clasificándose para a UEFA Europa League, rematando a liga en quinta e sétima posición respectivamente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Villarreal refresh Rodríguez contract; UEFA.com, 27 de xaneiro de 2006
  2. Grim news for Gonzalo at Villarreal; UEFA.com, 14 de xuño de 2007

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]