Gonzalo Bouza-Brey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGonzalo Bouza-Brey
Biografía
Nacemento18 de abril de 1952 Editar o valor em Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de decembro de 2012 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , avogado Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de Galicia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiLuís Bouza-Brey Trillo Editar o valor em Wikidata
IrmánsLuís Bouza-Brey Villar Editar o valor em Wikidata

Gonzalo Bouza-Brey Villar, nado en Vilagarcía de Arousa o 18 de abril de 1952 e finado na mesma vila o 23 de decembro de 2012, foi un escritor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Colexio Manuel Peleteiro de Santiago de Compostela e licenciouse en dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Despois de facer o servizo militar volveu a Vilagarcía de Arousa a traballar no despacho de procurador do seu pai.

Iniciouse na militancia política no PCG da clandestinidade, e convértese nunha das principais figuras comunistas de toda a comarca da Arousa. Foi candidato ao Congreso do PCE pola provincia de Pontevedra nas eleccións de 1979.[1] Foi elixido concelleiro nas primeiras eleccións municipais, precisamente en Vilagarcía, e ocupou o cargo de primeiro tenente de alcalde na primeira corporación democrática, en pacto co PSdeG e co seu alcalde José Recuna.

Animador cultural da vida vilagarciá, foi membro de numerosas asociacións, presidente de congresos poéticos, e poeta e escritor el mesmo, tanto de temas literarios como etnográficos.

Finou en Vilagarcía de Arousa o 23 de decembro de 2012,[2] por unha caída na rúa.[3]

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Canto en tres tempos de amor e esperanza (1972)
  • Periplo de amor e mar

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Ferro Couselo e o Ateneo do Ullán (2000).
  • Luis Bouza-Brey, obra completa.
  • Os arousáns polo mundo. Nós tamén fumos emigrantes (2008).
  • O alcumario de Arousa, do Ullán e do Salnés (2008).

Vida familiar[editar | editar a fonte]

Fillo de Lucho Bouza e Celia Villar, sobriño de Fermín Bouza Brey e irmán de Luís Bouza-Brey. Deixou dous fillos, Gonzalo e Olalla.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pontevedra: Sorpresa en las listas del «PSOE»", La Voz de Galicia, 12-1-1979, p. 17
  2. "Fallece Gonzalo Bouza Brey y deja una honda huella en Arousa con su legado político y literario". Diario de Arousa (en castelán). 23 de decembro de 2012. 
  3. "El escritor arousano Gonzalo Bouza-Brey fallece después de una caída en la calle". Faro de Vigo (en castelán). 24 de decembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]