Francisco González Amadiós
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "González Amadiós")
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Francisco González (homónimos).
Francisco González Amadiós, Panchulo, nado en Vigo o 26 de xullo de 1924 e falecido na mesma cidade o 6 de abril de 1997, foi un economista e político galego.
Traxectoria [editar]
Licenciado en Ciencias Económicas. Foi un dos dirixentes do Movemento Socialista de Galicia, que en 1975 se integrou no Partido Socialista Galego. Foi senador electo por Pontevedra polo PSdeG-PSOE nas eleccións de 1979. Elixido deputado do Parlamento Galego polo PSOE nas dúas primeiras lexislaturas, foi vicepresidente do Parlamento. Posteriormente ingresou no BNG.