Gonçalo Byrne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGonçalo Byrne

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pt) Gonçalo Nuno Pinheiro de Sousa Byrne Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de decembro de 1941 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Alcobaça, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Coímbra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios
Teatro das Figuras (Faro, Portugal), de Gonçalo Byrne (2005)

Gonçalo Byrne, nado en Alcobaça en 1941, é un arquitecto portugués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gonçalo Sousa Byrne diplomouse en Arquitectura na Escola Superior de Belas Artes de Lisboa en 1968. Foi profesor convidado en Italia, Austria, España, Suíza, Estados Unidos e Portugal. Dende 1992 é Profesor Catedrático convidado no Departamento de Arquitectura da Facultade de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade de Coímbra.

Do seu vasto currículo, constan decenas de obras, en Portugal e no estranxeiro, incluíndo renovacións e equipamentos urbanos, laboratorios e universidades.

Recibiu o Premio Nacional de Arquitectura en 1988 e 1993, a Medalla de Ouro 2000 da Academia de Arquitectura de Francia e o Premio Valmor 2000

Autor dunha importante obra, varias veces premiada a nivel nacional e internacional. A súa produción ten mostrado particular relevo nos planos patrimonial e cultural.

Profesor catedrático, convidado en Portugal e no estranxeiro, no ano 2005 recibiu o título Honoris Causa pola Facultade de Arquitectura da Universidade Técnica de Lisboa, e foi condecorado polo Presidente da Républica coa Grande Ordem de Santiago da Espada.

Da súa obra, diversificada en termos de escala, de tema e de programa, destácanse como exemplo a recente intervención no Mosteiro de Alcobaça e área envolvente, o edificio da Sede do Goberno da Provincia do Brabante Flamengo en Lovaina ([[Bélxica])], a torre de control de Tráfico Marítimo da APL en Lisboa, Teatro de Faro (Teatro das Figuras), no Algarve, e o Museo Nacional Machado de Castro, en Coímbra.

Na área do planeamento urbano realiza, entre outros, os Planos de Pormenor para a área envolvente ao Palacio Nacional da Ajuda, en Lisboa, para a Alta Universitaria, en Coímbra, para a Cava de Viriato, no eido do Programa Polis, en Viseu, así como o Plano da Vila de Trancoso, no eido do Programa das Aldeias Históricas de Portugal.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Desenvolve actualmente proxectos significativos tales como o da Pousada de Estoi, no Algarve, a Pousada de Viseu, Complexo Imobiliario Estoril-Sol, Complexo Imobiliario “Jade” en Lisboa, Novo Laboratorio Central da EPAL, en Lisboa, e diversas moradias no Resort Bom Sucesso en Óbidos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]