Golfo de Tailandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Golfo de Siam»)
Golfo de Tailandia ou de Siam
Localización administrativa
Estado Malaisia
Tailandia
Camboxa
Vietnam
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Pacífico
ContinenteAsia
Xeografía
Mares contiguosMar da China Meridional
Illas interioresKoh Samui, Koh Phangan, Koh Chang, Koh Kut, Kot Kong (THA)
Dao Phu Quoc (VIE)
AfluentesRío Chao Phraya
Cidades ribeiregasSongkhla, Surat Thani, Hua Hin, Bangkok, Rayong e Trat (THA)
Hat Lek e Krong Koh Kong (CAM)
Ha Tien e Rach Gia (VIE)
Accidentes
Golfos e baíasBaía de Bangkok e baía de Bandon
Características
Superficie320.000 km²
Profundiade máxima80 m
Profundidade media45 m
Mapa

Vista de satélite do golfo de Tailandia

Mapa da rexión do golfo de Tailandia

O Golfo de Tailandia (en tailandés: อ่าวไทย, Ao Thai) ou Golfo de Siam está localizado no mar da China Meridional (océano Pacífico) e está rodeado por Malaisia, Tailandia, Camboxa e Vietnam. No extremo norte do golfo atópase a desembocadura do río Chao Phraya, no porto de Banqueocoque. O golfo ten unha superficie de 320.000 km².

Características[editar | editar a fonte]

Localización do golfo.

É relativamente pouco profundo, con medias de 45 a 80 metros de profundidade. Iso fai que a circulación da auga sexa lenta e que os ríos Chao Phraya e Mekong exerzan unha forte influencia sobre o mesmo como unha baixa salinidade e unha gran riqueza en sedimentos. Durante as épocas máis frías da era glacial, o golfo de Tailandia non existía debido á súa pouca profundidade e era tan só unha prolongación do val do río Chao Phraya.

Debido ás calores tropicais, as augas do golfo albergan unha boa cantidade de arrecifes de coral e por tanto existen moitos proxectos de explotación dos mesmos. O lugar máis popular para o turismo é a illa de Ko Samui na provincia de Surat Thani. O golfo é posuidor de riquezas petrolíferas e de gas e é un medio de intercambio turístico e comercial entre os países que teñen costa nel.

Delimitación da IHO[editar | editar a fonte]

A máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares, a Organización Hidrográfica Internacional (en inglés: International Hydrographic Organization, IHO), considera o golfo de Tailandia como un mar. Na súa publicación de referencia mundial, "Limits of oceans and seas" (do inglés: Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asígnalle o número de identificación 47 e defíneo do seguinte xeito:

No Sur.
Unha liña que vai dende o extremo occidental de Cambia ou Punta Camau (8°36'N) até o extremo norte da punta ao lado leste do estuario do río Kelantan (6°14'N, 102°15'S).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]