Golfo de Ob

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
GydaTajmyrJamal.JPG

O golfo de Ob (en ruso, «Обская губа», Obskaya Guba) é un enorme golfo do océano Ártico localizado no norte de Rusia, no distrito autónomo de Yamalo-Nénets, que se atopa na foz do río Obi. As augas do golfo flúen cara o mar de Kara, que forma parte do océano Ártico. O golfo ten uns 1.000 km de lonxitude a súa largura varía entre 50 e 80 km, discorrendo polo xeral en dirección sur-norte. É relativamente pouco profundo, cunha profundidade media de 10-12 m, o que restrinxe o transporte marítimo pesado. O esteiro do Taz é un dos brazos do golfo, na parte oriental, na desembocadura do río Taz.