Golfo de Morbihan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa do Golfo de Morbihan.

O golfo de Morbihan (nome bretón que significa "pequeno mar") é un pequeno mar interior, situado ao sur do departamento de Morbihan, na Bretaña.

A lenda[editar | editar a fonte]

Conta a lenda que unhas fadas foron expulsadas do bosque de Brocéliande. Verteron tantas bágoas que así se creou o golfo de Morbihan. Lanzaron nel as súas coroas de flores e estas convertéronse nas illas do golfo.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O golfo ten 20 km de longo e 15 km de ancho. Ábrese ao sur no océano Atlántico por un estreito pasaxe entre as a vila de Locmariaquer e Port-Navalo, porto da vila de Arzon.

As illas[editar | editar a fonte]

No seu interior cóntanse 43 illas[1]. A maioría son de superficie moi reducida e non están habitadas, e moitas son propiedades privadas. As illas maiores son Izenah (île aux Moines, illa dos monxes) e An Arzh (ïle d'Arz, illa do oso) e cada unha forma un concello. Outra das illas, Gavrinis, alberga unha galería megalítica de 14 m de lonxitude, e as pedras están recubertas de gravados. Outras illas albergan restos megalíticos, como Er-Lannic cun dobre cromlech formados por 40 menhires, parcialmente somerxidos na marea alta.

Actividades[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente, a actividade económica dos habitantes tanto das illas como das ribeiras do golfo sempre estivo moi estreitamente ligada ao mar: a pesca, a colleita de moluscos, as salinas. Case todas as salinas foron transformadas no século XX en parques ostreícolas, aínda que algunhas están sendo recuperadas para a produción artesanal de sal. Máis recentemente a maior actividade económica do golfo xira en torno ao turismo.

Natureza[editar | editar a fonte]

O golfo de Morbiban constitúe unha gran reserva ornitolóxica, con todo tipo de aves tanto de estancia permanentes como en escala migratoria ou en período de cría. Desde 2008 é Reserva Nacional de Caza e de Fauna Silvestre.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A maioría dos recontos só teñen en conta as illas que se ven cando a marea está alta.
  2. RNCFS

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]