Golfo de Honduras
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Golfo de Honduras é un accidente xeográfico situado no Mar Caribe no litoral de Belice, Guatemala e Honduras. De norte a sur, esténdese uns 200 km dende Dangriga (Belice) até La Ceiba (Honduras).
O interior do Golfo está bordeado pola Barreira de Arrecife de Belice, que forma a parte sur do Sistema Arrecifal Mesoamericano, dunha lonxitude total de 900 km, o segundo maior sistema de arrecifes de coral do mundo, trala Gran Barreira de Coral, en Australia.
No golfo verten augas 12 ríos cun caudal medio estimado de 1.232 m³ por segundo. Entre estes ríos están o: Moho, Sarstún, Río Dulce, Motagua e Ulúa. O lago de Izabal, en Guatemala, encontrase ligado ao golfo por un canal estreito.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |