Golfiño riscado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Golfiño riscado

StripedDolpin.jpg

Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Familia: Delphinidae
Xénero: Stenella
Especie: S. coeruleoalba
Nome binomial
Stenella coeruleoalba
Cetacea range map Striped Dolphin.PNG

O golfiño riscado (Stenella coeruleoalba) é unha especie de cetáceo odontoceto da familia Delphinidae. Foi amplamente estudado xa que se atopa en augas de zonas temperadas e tropicais de todo o mundo.

Índice

Descrición [editar]

O golfiño riscado ten un tamaño e forma semellantes a varios outros golfiños que habitan nas mesmas augas (Stenella attenuata, Stenella frontalis, Stenella clymene), con todo, a súa coloración fainos doados de distinguir no mar.

A parte inferior ou ventral é de cor branca ou rosa. Hai unha ou dúas bandas de cor azul escura que parten do ollo á aleta caudal. Existen outras dúas franxas azuis que van dende detrás dos oídos, rematando sobre as aletas pectorais. A parte traseira, a aleta dorsal, o melón e fociño son de cor azul escura.

Os adultos poden chegar a medir 2,6 m, cun peso de 150 kg nas femias e nos machos 160 kg. Do mesmo xeito cós outros golfiños do seu xénero, o golfiño riscado móvese en grandes grupos, polo xeral en máis de 100 individuos. Os grupos poden ser máis pequenos no Mediterráneo e o Atlántico. Tamén poden mesturarse con golfiños comúns oceánicos.

Poboación e distribución [editar]

Atópase en abundancia no Norte e no Sur do Océano Atlántico, incluíndo o Mediterráneo, o Golfo de México, Océano Índico e o Océano Pacífico. En termos xerais ocupa un rango que vai de 40° N e 30° S.

Notas [editar]

  1. Cetacean Specialist Group (1996). Stenella coeruleoalba. 2006 Lista Vermella de Especies Ameazadas IUCN. IUCN 2006. Consultado o 9/5/2006.

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: