Goiania - Goiânia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Goiânia
Bandeira de Goiania.gif Brasaodegoiania.gif
Estado Goiás
Superficie 743,9 km²
Poboación 1.244.645 (Censo 2007)
Fundación
- Inauguración
24 de outubro de 1933
20 de novembro de 1935
Altitude 749 msnm
Distancia de Brasilia 209 km
Código Postal (CEP) 74000-000
Situación xeográfica 16º40'43" S
49º15'14" O
Goberno local Prefeitura Municipal de Goiânia
Av.do Cerrado, nº 999, Parque Lozandes, CEP: 74884-092
Alcade Paulo Garcia
Internet www.goiania.go.gov.br
Contacto 156@goiania.go.gov.br
Localización de Goiania no Brasil
Localización de Goiania


Goiânia é a capital do estado brasileiro de Goiás. É unha cidade planeada: foi a primeira cidade brasileira planeada no século XX, e inaugurada en 20 de novembro de 1935, dois anos despois do inicio da súa construción, para substituir a entón capital de Goiás, a cidade colonial de Goiás, o que ocorreu en 1937. Sitúase a 209 km de Brasilia, a tamén planeada capital brasileira, e a 936 km da cidade de Sao Paulo e 1338 km da cidade do Río de Xaneiro.

A súa rexión metropolitana ten máis 10 municipios e uns 1,8 millóns de habitantes. As súas construcións máis antigas (da década de 1930) seguen o estilo Art Decó e facen hoxe parte do património histórico da cidade. O seu centro tamén posui avenidas largas e arborizadas, como a Avenida Goiás, que chega ata a Praza Cívica, sede do goberno do Estado. A cidade posui centros culturais, esportivos, bibliotecas, museus, e parques, como o Bosque dos Buritis, próximo o centro. As prazas do centro ten moitos canteiros de flores, que tornan a paisaxe agradábel a quen visita a cidade.

Goiânia, capital de Goiás, en Brasil.

Goiania é sé da Universidade Federal de Goiás e ten un expresivo comercio, varios bancos, shopping centers, cinemas, e servizos de unha grande capital.

Parque na cidade de Goiania.

Véxase tamén [editar]

Skyline de Goiânia, 2006