Goethita
| Goethita | |
|---|---|
| Fórmula química: | α-FeO(OH) |
| Clase: | 4.FD.10 (Strunz) |
| Subclase: | {{{subclase}}} |
| Sistema cristalino: | Ortorrómbico |
| Cor: | De amarelento a rubio, marrón escuro e case negro |
| Brillo: | De adamantino a terroso mate |
| Dureza: | 5 - 5,5 (escala de Mohs) |
| Fractura: | Pouco uniforme ao astillarse |
| Exfoliación: | Perfecta 010 |
| Raia: | De marrón, amarelo parduzco a amarelo alaranxado |
| Densidade: | 4,0 - 4,4 g/cm³ |
A goethita[1][2][3] é un mineral do grupo IV (óxidos e hidróxidos), segundo a clasificación de Strunz. O seu nome débese ao escritor alemán Johann Wolfgang von Goethe (1749-1832). O seu sistema é ortorrómbico bipiramidal (acicular, prismático) e a súa macla ten forma de cóbado (011). A súa morfoloxía é variada abundando as masas reniformes, fibrorradiais, compactas, follosas e estalactíticas.
É un oxihidróxido de ferro (III), de fórmula α-FeO(OH), cun contido do 63% en ferro, e onde pode encontrarse até un 5% de manganeso. A feroxihita e a lepidocrita son polimorfos deste mineral, pois teñen igual composición e fórmula e diferente sistema de cristalización. As minas máis importantes atópanse nos Estados Unidos de América, Westfalia (Alemaña), Alsacia-Lorena (Francia) e Reino Unido.
España tamén posúe importantes minas en Huelva (Minas de Riotinto), Asturias, Castellón (Mina Museo Esperanza) e Biscaia. Ten unha densidade de 4 a 4,4 g/cm³ e unha dureza de 5 a 5,5 na escala de Mohs. A súa exfoliación é perfecta (desigual) e a súa cor é negra, ocre, a veces con irisacións. En canto ao seu brillo; este é adamantino, mate, sedoso. A raia característica deste mineral é parda amarelenta. A goethita é opaca e moi fráxil.
Notas[editar]
- ↑ Hurlbut, Cornelius S.; Klein, Cornelis, 1985, Manual of Mineralogy, 20th ed., Wiley, ISBN 0-471-80580-7
- ↑ http://webmineral.com/data/Goethite.shtml Webmineral data
- ↑ http://www.galleries.com/minerals/oxides/goethite/goethite.htm Mineral galleries