God of War III
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
God of War III é a terceira entrega en consolas de sombremesa da saga de videoxogos God of War, lanzado mundialmente para a PlayStation 3 o 16 de marzo de 2010[1][2]. O xogo, cronoloxicamente, é o quinto e último bloque da saga, despois de God of War: Chains of Olympus, God of War, God of War: Betrayal e God of War II.
Índice |
Trailers [editar]
No evento dos videoxogos E3 de 2008 revelouse o primeiro trailer do xogo, ensinando ao personaxe principal, Kratos, nunha Grecia chea de moreas derruídas.
O 13 de febreiro de 2009, Sony realizou unha conferencia nos Anxos ensinando novas imaxes do xogo, informouse que a data oficial revelaríase no E3 2009 e ensinouse un novo trailer mostrando o enorme paso que deu a saga tanto en xogabilidade como nos gráficos e escenarios. Nesta conferencia Sony deu a coñecer a páxina Web oficial do xogo, na que se amosaron varios trailers e imaxes.
Introdución do xogo [editar]
O xogo comeza cunha narración feita por Zeus, que ensina cando os titáns soben ó Olimpo onde se ven ós deuses Poseidón (deus do Mar), Hermes (Mensaxeiro dos deuses), Zeus (o deus do Olimpo), Hades (Deus do inframundo) e Helios (Deus do Sol) na base do monte, e pouco despois amosan o titán gaia escadando o monte Olimpo. Ao final aparece Kratos, da mesma forma que no final de God of War II.
Sistema de xogo [editar]
O sistema de xogo é similar as anteriores entregas, mesturando o combate coa exploración e os crebacabezas, con certos trocos no control e coa posiblidade de usar diferentes armas e obxectos. Os poderes dos deuses e dos titáns foron substituídas por outro tipo de movementos especiais.
Armas [editar]
- Espadas de Atenea: empréganse ao comezo do xogo e até a batalla con Poseidón, sendo substituídas polas Espadas do Exilio.
- Espadas do Exilio: Obtidas do espectro de Atenea no inframundo.
- Cestus de Nemea: Con forma de testa de león, conseguense tras derrotar a Hercules.
- Gadoupas de Hades: Conseguense tras derrotar a Hades.
- Látego de Némesis
- Espada do Olimpo: Gran espada coa que se gañou a guerra entre titáns e deuses
Poderes [editar]
- Arco de Apolo: Un arco e unha frecha de lume obtido tras queimar a Peirithous no inframundo.
- Testa de Helios: Obtido tras arrincarlle a testa ó deus do sol.
- Botas de Hermes: Adquiridas despois de matar a Hermes.
Notas [editar]
- ↑ Levine, Eric (2010-01-28). "It’s Official, God of War III Will Be Attacking Stores on March 16th!". Sony Computer Entertainment. http://blog.us.playstation.com/2010/01/it%e2%80%99s-official-god-of-war-iii-will-be-attacking-stores-on-march-16th/. Consultado o 2010-01-28. (en inglés)
- ↑ "God of War III for PlayStation 3". GameSpot. http://www.gamespot.com/ps3/action/godofwariii/similar.html?mode=versions. Consultado o 2010-02-02. (en inglés)