Goberno enclaustrado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Goberno Enclaustrado, coñecido tamén como sistema Insei, é unha característica da historia do Xapón, da súa política e ás veces dos negocios. En case todos os gobernos e unidades administrativas o gobernante nominal non ten un poder práctico, senón que simplemente rexenta e son os conselleiros os que teñen o poder real.

Características[editar | editar a fonte]

Os títulos utilizados para exercer o goberno enclaustrado son:

O goberno enclaustrado foi un procedemento utilizado por diversos emperadores xaponeses mediante o cal se retiraban a un mosteiro e entregaban o poder a un sucesor mais continuaban a exercer o seu poder e influencia por detrás. Os emperadores retirados reciben o nome de Jōkō (上皇). O primeiro emperador retirado que exerceu este tipo de goberno no Xapón foi a emperatriz Jito.

O termo emperador retirado emprégase principalmente ao tratar un período da historia xaponesa na que esta era unha práctica común: un emperador retirado podía ter máis influencia que cando estaba no trono porque retiña o prestixio do título e tiña máis liberdade para falar en público.

Aínda que a influencia real do goberno enclaustrado pode ter sido esaxerada por algúns historiadores, haina que ver no contexto do dominio progresivo que a clase dos guerreiros exercía sobre a aristocracia. En épocas posteriores, o emperador caía na sombra do seu shogun, tal e como se realmente houbese aínda un emperador enclaustrado presente.

Emperadores[editar | editar a fonte]

Entre os emperadores famosos que adoptaron o goberno enclaustrado destacan: