Goberno Irlandés
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Goberno Irlandés (en gaélico irlandés, Rialtas na hÉireann; en inglés, Government of Ireland) é o gabinete que exerce o poder executivo no Estado de Irlanda.
Características [editar]
Está liderado por un Primeiro Ministro que recibe o nome de Taoiseach. Segundo a Constitución Irlandesa debe conter entre 7 e 15 membros, cada un dos cales está á fronte dun ministerio, e que deben ser membros do parlamento de Irlanda, o Oireachtas. O actual Taoiseach é Enda Kenny, do conservador Fine Gael.