Glotocronoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A glotocronoloxía é unha técnica para calcular a separación temporal entre dúas linguas que se supoñen emparentadas. Está baseada no caso de que, como efecto dos cambios interiores e das achegas exteriores, aproximadamente o 14 % das palabras básicas do vocabulario dunha lingua serán substituídas cada mil anos.

A glotocronoloxía é un método de estudo cuxos resultados non poden ser precisos. No entanto, está proposta para a investigación da evolución daquelas linguas que carecen de textos escritos, polo que hai que descartar o método comparativo, usado para a reconstrución do indoeuropeo e buscar alternativas de investigación.

Supostos básicos[editar | editar a fonte]

Os dous argumentos nos que se basea o método glotocronolóxico son:

  1. A taxa de substitución léxica é constante, se consideramos períodos de tempo moi longos polo menos para o léxico do chamado vocabulario básico.
  2. A taxa de substitución léxica é aproximadamente uniforme entre todas as linguas do mundo, polo menos para o vocabulario básico.

En forma de ecuación isto pódese expresar da seguinte maneira. Se chamamos p(t) á porcentaxe de palabras básicas que retén unha lingua despois dun período de tempo t, entón:


ou se integramos a ecuación diferencial:


Logo C debe ser unha constante universal para todos os idiomas. A calibración de que a taxa de cambio é o 14 % do vocabulario básico, faise a seguinte estimación de C:


A partir desa estimación o tempo de separación Ts pode estimarse comparando a porcentaxe de cognados retidos pC como:

, dunha lingua coa súa lingua nai
, de dúas linguas irmáns


Onde p0 = 86 % é a porcentaxe de retención por milenio estimado por Swadesh (= 100 % - 14 %). Máis tarde, Robert Lees cambiou o valor medio, calculándoo en 80,5 % cada milenio.

Discusión[editar | editar a fonte]

Este método foi repetidamente criticado. Eugen Coşeriu (1962), por exemplo, achegou algúns datos tomados das linguas románicas que ilustraban que o seu uso podía conducir a inexactitudes importantes. As principais obxeccións que se daban contra o método foron as seguintes:

  1. A constante de retención non é universal, varía segundo o tempo, a lingua e o significado da palabra incluída na lista.
  2. O modelo da árbore xenealóxica (Stammbaum model) non é preciso. As linguas a miúdo inflúense posteriormente á súa separación e a teoría asume que, unha vez que se separan, non se volven a conxuntar.
  3. Os cambios de son poderían provocar que non sexa posíbel recoñecer dous cognados (por exemplo, fr. chef e ing. head) ou que se cometa o erro de asumir como cognados palabras que verdadeiramente non están emparentadas (por exemplo, ing. day e esp. día).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]