Gloria Cámara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gloria Cámara
Nacemento2 de abril de 1939
LugarVigo
NacionalidadeEspaña
Profesiónactriz
Na rede
IMDB: nm0194571 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Gloria Cámara Rubio, nada en Vigo o 2 de abril de 1945[1], é unha actriz galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou peritaxe mercantil, mais a súa actividade artística iniciouse diante das cámaras de Televisión Española, da man de Fernando García de la Vega no programa musical Escala en hi-fi, desde 1961. A popularidade alcanzada permitiulle intervir noutros espazos da cadea pública como Teledomingo (1963), La tortuga perezosa (1963) ou Escuela de maridos (1964), con Elvira Quintillá.

Dende mediados dos setenta, centrou a súa carreira na dobraxe. Pon voz aos personaxes femininos nas series de debuxos animados D'Artacán y los tres mosqueperros (1982) e La vuelta al mundo de Willy Fog (1984) nas versións en lingua castelá, así como as voces das actrices Cybill Shepherd e Jacqueline Bisset.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]