Globo terráqueo
Un globo terráqueo é un modelo a escala tridimensional da Terra, sendo a única representación xeográfica que non sofre distorsión. Se ben a Terra é o planeta máis frecuentemente representado, existen modelos do Sol, a Lúa e varios outros planetas, incluíndo algúns ficticios.
Características [editar]
Os globos terráqueos adoitan montarse nun soporte en ángulo, o que os fai máis doado de usar representando ao mesmo tempo o ángulo do planeta en relación ao sol e ao seu propio xiro. Isto permite visualizar doadamente como cambian os días e as estacións.
O primeiro globo terráqueo, chamado Globo Terráqueo de Nürnberg, foi fabricado durante os anos 1490-1492 polo cartógrafo alemán Martin Behaim.
Un globo terráqueo ten ás veces relevo, mostrando a topografía. Adóitase usar unha escala esaxerada para o relevo, de forma que resulte visíbel.
A meirande parte dos globos terráqueos modernos inclúen tamén paralelos e meridianos, de xeito que se poida localizar unha situación na superficie do planeta.