Gliwice
Coordenadas: 50°17′38.19″N 18°39′57.49″E / 50.2939417°N 18.6659694°E
Gliwice é unha cidade da Silesia, no sur de Polonia. Sobre a ribeira do río Kłodnica e a 20 km ao oeste de Katowice sitúase preto da fronteira con Chequia e Eslovaquia. No ano 2004 tiña 200.361 habitantes.
Historia e características [editar]
Gliwice é unha das principais cidades da Unión Metropolitana de Alta Silesia (Górnośląski Związek Metropolitalny), o maior continuo urbano de Polonia (3.487.000 habitantes). Conta cunha importante universidade (Silesian University of Technology/Politechnika Śląska porto fluvial e unha destacada industria (automoción, carbón...)
Ata a reforma administrativa realizada en Polonia no 1.999 Gliwice pertencía ao Voivodato de Katowice, desde entón constitúe un dos 17 distritos da Voivodía da Silesia.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial (en polaco)
- Páxina da Universidade (en polaco)