Glicinia chinesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Glicinia chinesa
N2 Wisteria4.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Dicotiledónea Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Faboideae
Tribo: Millettieae
Xénero: 'Wisteria'
Especie: ''W. sinensis''
Nome binomial
''Wisteria sinensis''
(Sims) DC.


A glicinia chinesa ou wisteria chinesa (Wisteria sinensis), é unha especie botánica de planta leñosa, leguminosa, caducifolia, perenne, rubideira do xénero Wisteria, endémica da China nas provincias de Guangxi, Guizhou, Hebei, Henan, Hubei, Shaanxi e mais Yunnan. Mentres esta planta é rubideira, pódeselle dar unha forma arbórea.

Descrición[editar | editar a fonte]

Acada os 20-30 m de longo sobre árbores soporte, por pólas ziratorias e abrazadoras no sentido do reloxo.

Follas[editar | editar a fonte]

A follaxe é mesta, integrada por follas verde brillantes, pinnadas, que acadan até 25 cm de longo, con 9-13 folíolos oblongos de 2-6 cm de longo.

Flores[editar | editar a fonte]

Flores de glicinia chinesa

As flores son brancas, violetas, ou azuis, dispostas en acios pendurados de 15-20 cm de longo en primavera, usualmente acadando o seu pico a mediados de maio. As flores en cada acio abren simultaneamente antes da expansión da follaxe, presentando unha fragancia semellante á uva; malia teren acios máis curtos ca Wisteria floribunda (Glicinia xaponesa).

Froitos[editar | editar a fonte]

Son legumes achatadas, pardas, aveludadas, de 5-10 cm de longo, e sementes discoides de 1 cm de diámetro; madura no verán, e creban ceibando as sementes; as vaíñas baleiras fican na planta durante o inverno. A produción de sementes é baixa, e moito crecemento rexenerativo é por reprodución asexual (clonado). As sementes e vaíñas da glicinia xaponesa son moi velenosas se se insiren.

Observaciones[editar | editar a fonte]

Glicinia e virxe no parque de Castrelos, en Vigo.

.

A zona de rusticidade de USDA é de 5-9, e gosta de solos húmidos. Considerada tolerante á sombra, pero só florece exposta ao sol de cheo ou parcialmente. Pode vivir máis de 100 anos.

Todas as partes da planta conteñen o glicósido chamado wisterina o cal é tóxico e se se insire pode provocar bocalladas, vómitos, dores de estómago e diarrea en adultos e a morte por envelenamento en rapaces producindo unha gastroenterite media a severa.

Foi levada da China a Europa e a Norteamérica en 1816, e se asegurou un lugar de popularidade nas rubideiras pola súa floración. Mais tamén pode ser unha especie invasora nalgunhas áreas do leste dos Estados Unidos onde o clima é semellante ao China.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

  • Glycine sinensis Sims
  • Kraunhia floribunda sensu auct., p.p.
  • Millettia chinensis Benth.
  • Rehsonia sinensis (Sims) Stritch
  • Wistaria sinensis (Sims)DC.
  • Wisteria chinensis DC.
  • Wisteria floribunda sensu auct., p.p.
  • Wisteria praecox Hand.-Mazz.
  • [1]
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Glicinia chinesa
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Glicinia chinesa Modificar a ligazón no Wikidata