Glicerofosfocolina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Glicerofosfocolina.
Número CAS: 28319-77-9.
Nome IUPAC: [(2R)-2,3-dihidroxipropil] 2-trimetilazaniumiletil fosfato.

A glicerofosfocolina[1] tamén chamada L-alfa glicerilfosforilcolina [2](alfa GPC), glicerilfosforilcolina[3], glicerofosforilcolina ou alfoscerato de colina é un composto natural de colina que se pode atopar no cerebro e no leite. É tamén un precursor da acetilcolina parasimpaticomimético [4] que pode ter un potencial para o tratamento da enfermidade de Alzheimer e un uso como suplemento dietético nootrópico que potencia a memoria e a cognición.

A alfa GPC pode obterse da lecitina de soia purificada. Deriva da 2-lisofosfatidilcolina por hidrólise do ácido graxo catalizado por unha lisofosfolipase :

+ H2O    + 
2-lisofosfatidilcolina   Ácido graxo   α-glicerofosforilcolina
LisofosfolipaseEC 3.1.1.5

A alfa GPC libera rapidamente colina no cerebro a través da barreira hematoencefálica e é un precursor biosintético do neurotransmisor acetilcolina.[5]

En diversos estudos investigouse a súa eficacia para corrixir trastornos cognitivos causados por accidentes cerebrovasculares ou a enfermidade de Alzheimer. Un ensaio feito en Italia con 2.044 pacientes cun accidente cerebrovascular recente aos que se lle subministrou doses de 1.000 mg/día durante 28 días e 400 mg tres veces diarias nos seguintes cinco meses, confirmou o papel terapéutico estatisticamente significativo da alfa GPC para a recuperación cognitiva.[6]

As doses comúns son 300-1.200 mg díarios.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CHEBI L-alpha-glycerophosphocholine
  2. ChemSpider L-alpha-Glycerylphosphorylcholine Arquivado 15 de marzo de 2013 en Wayback Machine.
  3. PubChem compound Glycerylphosphoylcholine
  4. De Jesus Moreno Moreno M (2003). "Cognitive improvement in mild to moderate Alzheimer's dementia after treatment with the acetylcholine precursor choline alfoscerate: a multicenter, double-blind, randomized, placebo-controlled trial". Clin Ther 25 (1): 178–93. PMID 12637119. doi:10.1016/S0149-2918(03)90023-3. 
  5. Parnetti, Lucilla; et al. (2007). "Cholinergic precursors in the treatment of cognitive impairment of vascular origin: Ineffective approaches or need for re-evaluation?". Journal of the Neurological Sciences 257 (1–2): 264–9. PMID 17331541. doi:10.1016/j.jns.2007.01.043. 
  6. Barbagallo Sangiorgi G, et al. "Alpha-Glycerophosphocholine in the mental recovery of cerebral ischemic attacks." An Italian multicenter clinical trial. Ann NY Acad Sci 1994; 717:253-69.