Glaucófitas
| Glaucófitas | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Glaucocystis sp. |
|||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||
|
|||||||||||||
| Posibles xéneros | |||||||||||||
|
|||||||||||||
As glaucófitas ou Glaucophyta (tamén chamadas glaucocistófitas, glaucocístidas ou, como clase única, glaucofíceas), son un pequeno grupo de algas microscópicas de auga doce. [1] Están incluídas nas modernas clasificacións no grupo Archaeplastida, xunto coas algas vermellas (Rhodophyta), algas verdes e plantas terrestres (Viridiplantae ou Chloroplastida). Porén, as relacións entre as algas vermellas, algas verdes e glaucófitas non están claras, [2] en gran parte debido ao limitado estudo que se ten feito das glaucófitas.
As glaucófitas interesan moito aos biólogos que estudan o desenvolvemento dos cloroplastos, porque algúns estudos suxiren que poden ser similares ao tipo de alga orixinal que evolucionaría orixinando as plantas verdes e as algas vermellas. [1][3]
Índice |
Características [editar]
Os cloroplastos das glaucófitas coñécense co nome de cianelas. A diferenza dos plastos doutros organismos, teñen unha capa de peptidoglicano, que se cre é un resto das cianobacterias que deron orixe aos plastos por endosimbiose. [1] As Glaucophyta conteñen o pigmento fotosintético clorofila a.[1] Xunto coas algas vermellas [1] e as cianobacterias, captan a luz por medio de ficobilisomas, estruturas que constan principalmente de ficobiliproteínas. As algas verdes e as plantas terrestres carecen dese pigmento.
As glaucófitas teñen mitocondrias con cristas planas, e presentan mitose aberta sen centríolos. As formas móbiles teñen dous flaxelos desiguais, que poden ter finos peliños e están ancorados nun sistema de múltiples capas de microtúbulos, e ambas as estruturas son similares a outras atopadas nalgunhas algas verdes.
Xéneros [editar]
Só se coñecen 13 especies de glaucófitas, clasificadas en só tres xéneros, e ningunha delas é especialmente abundante na natureza.[1] Os tres xéneros son:
- Glaucocystis é inmóbil, aínda que retén un flaxelo moi curto vestixial, e ten parede celulósica.
- Cyanophora é móbil e carece de parede celular.
- Gloeochaete presenta tanto estadios móbiles coma inmóbiles, e ten unha parede celular que non parece estar formada por celulosa.
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Patrick J. Keeling (2004). "Diversity and evolutionary history of plastids and their hosts". American Journal of Botany 91 (10): 1481–1493. DOI:10.3732/ajb.91.10.1481. PMID 21652304. http://www.amjbot.org/cgi/content/full/91/10/1481.
- ↑ Jeffrey D. Palmer, Douglas E. Soltis & Mark W. Chase (2004). "The plant tree of life: an overview and some points of view". American Journal of Botany 91 (10): 1437–1445. DOI:10.3732/ajb.91.10.1437. PMID 21652302. http://www.amjbot.org/cgi/content/full/91/10/1437.
- ↑ Eunsoo Kim & Linda E. Graham (2008). Redfield, Rosemary Jeanne. ed. "EEF2 Analysis Challenges the Monophyly of Archaeplastida and Chromalveolata" (Free full text). PLoS ONE 3 (7): e2621. DOI:10.1371/journal.pone.0002621. PMC 2440802. PMID 18612431. http://www.plosone.org/article/info:doi/10.1371/journal.pone.0002621.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- AlgaeBase taxon id=4301 Glaucophyta