Glafkos Klerides
| Glafkos Klerides | |||
|---|---|---|---|
| Imaxe:Non hai imaxe no Commons | |||
|
|
|||
| Presidente de Chipre | |||
| Período: | 28 de febreiro de 2003 - 28 de febreiro de 2008 | ||
| Antecesor: | Georgios Vasiliou | ||
| Sucesor: | Tassos Papadopoulos | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| Período: | |||
| Antecesor: | |||
| Sucesor: | |||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 24 de abril de 1919 | ||
| Lugar: | Nicosia, Chipre | ||
| Falecemento: | {{{datafalecemento}}} | ||
| Lugar: | {{{cidadefalecemento}}}, {{{paisfalecemento}}} | ||
| Organización: | Demokratikos Synagermos | ||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | Eirini Kliridou (m. 2007) | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | |||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | avogado e político | ||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Glafkos Ioannou Klerides (n. 1919) avogado e político, foi presidente de Chipre entre 2003 e 2008.
Índice |
Primeiros anos [editar]
Fillo dun eminente avogado, recibiu a súa educación no Pancyprian Gymnasium de Nicosia e co inicio en 1939 da Segunda Guerra Mundial alistouse na RAF británica para servir como piloto de combate. En 1942 o seu aparello foi derribado e pasou o resto da contenda nun campo alemán de prisioneiros. Tras licenciarse cun recoñecemento aos seus servizos distinguidos, estudou Dereito no King's College de Londres e obtivo a graduación en 1948. En 1951 concluiu seus estudos no Gray's Inn e ata 1960 practicou como avogado en Chipre.
Guerra da independencia [editar]
En 1955 púxose ao servizo da Organización Nacional de Combatentes Chipriotas (EOKA), a guerrilla grecocipriota do coronel Georgios Grivas que emprendeu a loita contra a autoridade colonial británica e para conseguir a unión (Enosis) de Chipre a Grecia. No movemento nacionalista Klerides brindou asistencia legal a activistas detidos e reuniu probas contra o Goberno británico para ser presentadas á Comisión de Dereitos Humanos do Consello de Europa.
En abril de 1959, logo de asistir á Conferencia multipartita de Londres que sancionou o esquema constitucional de transición para a illa, foille confiado o Ministerio de Xustiza no Goberno do arcebispo Makarios III, función que desempeñou ata a proclamación da independencia da República de Chipre o 16 de agosto de 1960. Ese ano dirixiu a delegación grecocipriota na Comisión Constitucional Conxunta e nos comicios de xullo saíu elixido deputado por Nicosia nas listas da Fronte Patriótico, a coalición que servía de soporte político a Makarios. Na inauguración do Legislativo en agosto, foille conferida a presidencia da Cámara de Representantes.
Vida pública [editar]
Na axitada primeira década da independencia, que a partir de 1963 coñeceu o fracaso do marco constitucional unitario coa ruptura política e institucional entre as comunidades grega e turca e o inicio de violencias sectarias, Klerides desempeñou diversas misións como alto oficial do Estado, representando sempre á comunidade grecocipriota, como cabeza de delegación na Conferencia de Londres de 1964 e negociador xefe nas conversacións intercomunais que ocorreron en Beirut en 1968 coa égida da ONU e que se prolongaron durante seis anos sen resultados tanxibles.
Logo de disgregarse a Fronte Patriótico, en febreiro de 1969 Klerides puxo en marcha a súa propia forza política, o Partido Unido (Eniaion), grupo de dereita moderado sustentando nas clases urbanas que se puxo ao servizo de Makarios e as súas políticas, sintetizadas no rexeitamento á Enosis, a salvaguardia dun Chipre independente e non aliñado exteriormente, e a procura de solucións pacíficas para os conflitos intercomunais. Nas eleccións lexislativas do 5 de xullo de 1970 o Eniaion foi a lista máis votada con 15 escanos e gañou a partida á poderosa agrupación comunista local, o Partido Progresista da Clase Traballadora (AKEL), e a outra formación xurdida da disgregación do citado bloque gobernamental, a Unión Democrática pola Enosis de Chipre (EDEK), ou Partido Socialista, liderado por Vassos Lyssarides.
Invasión turca e primeira xefatura do Estado [editar]
Sendo presidente do Parlamento, Klerides ocupou a xefatura do Estado en funcións entre o 23 de xullo e o 7 de decembro de 1974, mentres Makarios estivo no exilio a raíz do fracasado golpe de Estado ultraderechista e prol-Enosis perpetrado pola Garda Nacional chipriota pero orquestrado pola xunta militar que rexía en Atenas. Klerides levou as rendas do país na etapa máis delicada da súa historia, que coñeceu a invasión e a ocupación polo Exército de Turquía (Operación Átila) do terzo norte da illa co pretexto da protección da comunidade turcocipriota, aínda que semellante golpe de forza veu facer irreversible a partición da illa, ademais de xerar unha ola de refuxiados grecocipriotas do norte cara ao sur.
En agosto, baixo a ameaza do Goberno de Ankara que presidía Bülent Ecevit de lanzar unha segunda operación militar contra a illa, Klerides sostivo en Xenebra unhas negociacións de urxencia co representante turcocipriota, Rauf Denktash, quen intentou arrincarlle unha solución baseada na fórmula dunha federación bizonal que outorgaría o 34% do territorio aos turcocipriotas. Klerides rexeitou de plano un marco que conculcaba o principio fundacional da República de Chipre, de maneira que o 14 de agosto as tropas turcas renovaron a súa despregue cara ao sur, ata a declaración dous días despois dun alto o lume e dunha liña de demarcación, a denominada Liña Atila, que discorría desde a baía de Morphou ao noroeste e a cidade de Famagusta ao leste, e dividía a mesma capital Nicosia en dous sectores (Liña Verde). O 13 de febreiro de 1975 os turcochipriotas proclamaron no 37% do territorio que controlaban un Estado Federado Turco, con Denktash de presidente.
| Presidente de Chipre | ||
|---|---|---|
Segue a: Georgios Vasiliou |
Glafkos Klerides | Precede a: Tassos Papadopoulos |
| Demokratikos Synagermos | ||