Gladys Davies

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gladys Muriel Davies, nada en 1893 e finada en data descoñecida, foi unha tiradora de esgrima inglesa, gañadora dunha medalla olímpica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou nos Xogos Olímpicos de 1924 en florete, chegando ata a final onde se enfrontou coa danesa Ellen Osiier perdendo por 5-3. Foi campioa inglesa en 1923 e 1925.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]