Gladys Casely-Hayford

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gladys Casely-Hayford, coñecida tamén polo alcume literario de Aquah Laluah, nada en Axim en 1904 e finada en Freetown en 1950, foi unha escritora de Serra Leoa, iniciadora da literatura en krío.

Traxectoria [editar]

Filla da escritora Adelaide Casely-Hayford, educouse en Gana e posteriormente estudou en Gales e tras a súa volta a África ensinou na Escola Vocacional de Nenas que fundara a súa nai en Freetown.

Obra [editar]

  • Take'um so, 1948 (poesía en inglés e krío)