Gladys Vázquez Montes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGladys Vázquez Montes
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: glavazquezm Editar o valor em Wikidata

Gladys Vázquez Montes é unha xornalista galega. Actualmente traballa na canle V Televisión.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gladys Vázquez estudou Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela de 2001 a 2005, mentres estudaba a carreira traballou en Radio Voz. Cando a rematou, incorporouse a DxT Campeón onde traballou ata agosto de 2007, en setembro, iniciouse no mundo da televisión en Localia Coruña onde fixo os labores de redactora e presentadora ata xullo de 2009, neste tempo, tamén traballou en Radio Coruña, emisora local na que emite a Cadena SER entre outras emisoras do Grupo PRISA.

En abril de 2010 comezou a súa andaina en V Televisión, onde traballa de presentadora dos Informativos V Televisión Fin de semana.