Giuseppe Lepori

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Giuseppe Lepori.gif

Giuseppe Lepori, nado o 2 de xuño de 1902 e finado o 6 de setembro de 1968, foi un político suízo, natural da comuna de Lopagno no cantón de Ticino, membro do Partido Popular Conservador

Carreira[editar | editar a fonte]

Giuseppe estudou nun liceo de Lugano. Logo cursou dereito na Universidade de Friburgo, licenciándose en 1925.

Deputado no Gran Consello ticinés de 1927 a 1940 e conselleiro municipal de Massagno de 1928 a 1929. Fue vicealcalde da cidade de Bellinzona de 1936 a 1940.

En febreiro de 1940, Giuseppe entrou no Consello de Estado do cantón de Ticino, ocupando a vacante que deixara Enrico Celio, elixido para o Consello Federal. Foi director dos departamentos de Policía e Educación ata 1947, cando logo da alianza cos radicais e socialistas, asumiu os departamentos de Xustiza e Interior.

Presidente do Partido Conservador Democrático Ticinés de 1945 a 1954.

Consello Federal[editar | editar a fonte]

Elixido para o Consello Federal o 16 de decembro de 1954, deixou o posto o 31 de decembro de 1959. Durante o seu mandato, dirixiu do Departamento Federal de Correos e Ferrocarrís, actualmente coñecido como Departamento Federal do medio ambiente, transportes, enerxía e comunicacións, no que se ocupou principalmente da regulamentación da televisión e da lei de ferrocarrís de 1957.

En 1959 ocupou a vicepresidencia da Confederación Suíza. O 24 de novembro dese ano, por mor dunha grave enfermidade, Lepori presentou a súa renuncia efectiva desde o 31 de dicembro.

Fonte[editar | editar a fonte]

  • Wikipedia en lingua castelán (versión do 13 de novembro de 2007)

Referencia[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Karl Kobelt
Coat of arms of Switzerland.svg
Conselleiro Federal

1954-1959
Sucesor:
Hans Peter Tschudi