Giuseppe Bazzani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Giuseppe Bazzani, nado en Mantua en 1690 e finado en 1769, foi un pintor italiano.

[editar] Traxectoria

Naceu no seo dunha familia de ouriveiros, foi discípulo de Giovanni Canti e realizou as súas primeiras obras, como A anunciación, nun estilo próximo ao que se estaba a realizar en Venecia, pero a partir de 1720 a súa fonte de inspiración vai vir das obras de Rubens e Paolo Veronese. Dende 1752 foi profesor na Academia de Belas Artes de Mantua, e as súas obras cada vez presentan un maior manierismo.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas