Giulio Gaudini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGiulio Gaudini

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de setembro de 1904 Editar o valor em Wikidata
Roma, Italia Editar o valor em Wikidata
Morte6 de xaneiro de 1948 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Roma, Italia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCampo di Verano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia (1946–1948)
Reino de Italia (1904–1946) Editar o valor em Wikidata
Altura200 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónesgrimista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Deporteesgrima Editar o valor em Wikidata
Participou en
1936fencing at the 1936 Summer Olympics – men's foil (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1932fencing at the 1932 Summer Olympics – men's sabre (en) Traducir  (medalla de prata olímpica)
1932fencing at the 1932 Summer Olympics – men's foil (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
1928Esgrima nos Jogos Olímpicos de Verão de 1928 - Florete individual masculino (pt) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
1924Xogos Olímpicos de 1924 Editar o valor em Wikidata

Olympic.org: giulio-gaudini Find a Grave: 238086262 Editar o valor em Wikidata

Giulio Gaudini, nado en Roma o 28 de setembro de 1904 e finado na mesma localidade o 6 de xaneiro de 1948, foi un tirador de esgrima italiano, gañador de nove medallas olímpicas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Especialista nas modalidades de florete e sabre, participou aos 19 anos nos Xogos Olímpicos de 1924 celebrados en París, rematando cuarto na competición por equipos de florete. Nos Xogos Olímpicos de 1928 de Ámsterdan gañou a medalla de ouro na proba de florete por equipos así como a medalla de bronce na competición individual. Nos Xogos Olímpicos de 1932 revalidou a medalla de bronce, ao tempo que gañaba tamén a medalla de prata na competición por equipos desa modalidade e a medalla de prata na proba individual e por equipos en sabre. Nos Xogos Olímpicos de 1936 de Berlín foi o portabandeira da delegación italiana na cerimonia inaugural e gañou a medalla de ouro nas probas de florete individual e por equipos, así como a medalla de prata na proba de sabre por equipos, rematando sexto na competición individual desta última modalidade.

Ao longo da súa carreira gañou 17 medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, entre elas oito de ouro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]