Girolamo Fabrizi d'Acquapendente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Girolamo Fabrizi d'Acquapendente
Nacemento20 de maio de 1533
Lugar de nacementoAcquapendente
Falecemento21 de maio de 1619
Lugar de falecementoPadua
Alma máterUniversidade de Padua
Ocupacióncirurxián, profesor universitario e anatomista
editar datos en Wikidata ]

Girolamo Fabrizi d'Acquapendente, (en latín, Hieronymus Fabricius; en galego, Xerome Fabricio), nado en Acquapendente en 1537 e finado o 21 de maio de 1619, foi un destacado anatomista italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Biografía académica[editar | editar a fonte]

Fabricio estudou en Padua, onde terminou ocupando a cátedra de cirurxía até entón nas mans do seu antigo profesor Gabriele Falloppio (1523-1562). O seu alumno máis soado será William Harvey (1578-1657), con quen lle unirá unha longa amizade e ao que axudará considerablemente nos seus traballos sobre a circulación sanguínea.

Labor[editar | editar a fonte]

Operationes chirurgicae, 1685.

Fabricio foi o primeiro en aplicar exhaustivamente o método de Vesalio da observación directa ao estudo dos embrións. Así mesmo, foi pioneiro na publicación de ilustracións baseadas no estudo sistemático do desenvolvemento do pito.

Grazas á disección de animais, Fabricius investigou a formación do feto, a estrutura do esófago, o estómago e o intestino, así como as particularidades do ollo, o oído e a larinxe. A súa principal achega foi o descubrimento das válvulas membranosas no interior das veas.

Fabricio estudou a embrioxénese de varios vertebrados, facendo especial énfase na anatomía dos embrións máis que nos procesos de desenvolvemento. A bolsa de Fabricio das aves (órgano inmunitario e hematopoético) recibe ese nome no seu honor. A súa visión da nova embrioloxía está presente na influencia que exerceu sobre William Harvey.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Os seus escritos de anatomía e fisioloxía foron reunidos baixo o título de Opera omnia anotomica et phisiologica e os seus tratados de cirurxía na súa Opera chirurgica(1617).

Notas[editar | editar a fonte]

  • William A. Locy (1925). The Story of Biology. Columbia University Press : xiv 495 p.
  • Oppenheimer, J. (1967) Essays in the history of biology and embryology, M.I.T. Press.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]