Giovanni Battista Venturi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Giovanni Battista Venturi.

Giovanni Battista Venturi, nado en Bibbiano en 1746, finado en Reggio Emilia en 1822, foi un físico italiano.[1] Descubriu o efecto Venturi do cal toma o seu epónimo. Foi o epónimo tamén da bomba Venturi (aspiradora) e do tubo de Venturi.

Foi contemporáneo de personaxes como Leonhard Euler e Daniel Bernoulli. Foi alumno de Lazzaro Spallanzani e ordenado sacerdote en 1769. Nese mesmo ano é nomeado profesor de lóxica no seminario de Reggio Emilia. En 1774 converteuse en profesor de xeometría e filosofía na Universidade de Módena, onde en 1776 se converteu en profesor de física.

Venturi foi o primeiro que mostrou a importancia de Leonardo da Vinci como científico, e compilou e publicou moitos dos manuscritos e cartas de Galileo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biografía" (en español). www.biografiasyvidas.com. http://www.biografiasyvidas.com/biografia/v/venturi.htm. Consultado o 28 de outubro de 2011.