Gin tonic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Gin Tonic")
Un gin tonic cos seus ingredentes

O Gin tonic é un cóctel highball feito con xenebra e tónica vertido sobre xeo. Polo xeral adórnase cun toro ou anaco de lima. A cantidade de xenebra varía de acordo ao gusto. As proporcións suxeridas do gin tonic son 1:1, 1:2, 1:3, e 2:3.[1][2][3]

Nalgúns países, o gin tonic é comercializado en latas previamente mesturado nunha soa porción.[4] É comunmente coñecido como "G & T" (Gin and tonic) no Reino Unido, EUA, Canadá e Irlanda. [5] Algunhas marcas substitúen a palabra "xenebra" coa súa propia marca ou inicial nas receitas. Por exemplo, "Sapphire con Tónica" para Bombay Sapphire,[6] "Hendrick's con Tónica" para a xenebra Hendrick (adornado con cogombro para distinguilo mellor), [7] ou "Tanqueray con tónica" para Tanqueray.[8][9]

Nalgunhas partes do mundo (por exemplo, Alemaña, Francia, Corea, Italia, Grecia, España, Turquía), chámase "Gin Tonic".

Adornos[editar | editar a fonte]

O Gin tonic é tradicionalmente adornado cun anaco ou toro de lima, con frecuencia lixeiramente exprimido na copa antes de ser colocado no bordo do vaso. Na maioría das partes do mundo segue sendo unicamente un adorno habitual, con todo, en moitos países converteuse en común o uso do limón como un froito alternativo. As orixes deste uso son descoñecidas, aínda que os limóns son a miúdo máis fáciles de obter, e máis baratos de comprar que as limas. Malia este uso, os expertos en bebidas recomendan o uso da lima, o limón considerarse unha alternativa inculta, cuxas propiedades estropean o sabor desta bebida espiritosa.[10] As destilerías de xenebra tamén recomendan o uso da lima, e non de limón como guarnición para as súas bebidas.[11][12][13]

Historia[editar | editar a fonte]

Este cóctel foi presentado polo exército da Compañía Británica das Indias Orientais na India.

Na India e outras rexións tropicais, a malaria era un problema persistente. Na década de 1700 descubriuse que a quinina podía ser utilizada para tratar a enfermidade, aínda que o sabor amargo era desagradable. Os oficiais británicos na India no século 19 engadiron unha mestura de auga, azucre, limón e xenebra á quinina para facer a bebida máis sabrosa.[14] Desde que xa non se utiliza a tónica como un antipalúdico, a tónica contén moita menos quinina, polo xeral está endulzada, e é polo tanto é moito menos amarga.[15]

Gin Tonic en España e Galicia[editar | editar a fonte]

En España e Galicia, converteuse en popular unha variación da bebida. Difire dun gin tonic tradicional, en que se serve en copa de cristal de globo,[16] moitísimo xeo e unha guarnición adaptada aos sabores da xenebra. A bebida pode ter base de froita, pero o uso de herbas e verduras, que reflicten os botánicos das xenebras, son cada vez máis populares.[17] As copas de globo utilízanse porque a súa apertura permite apreciar máis facilmente os aromas da bebida ao bebedor.[18]

A popularidade desta variación do gin tonic levou á creación de bares especializados en Gin Tonics, nos que os clientes poden elixir a súa xenebra preferida, a tónica, e un menú de guarnicións.[19]

Propiedades[editar | editar a fonte]

Considérase como magnífico dixestivo, pois a perfecta conxunción de amargos, doces e anisados presentes no combinado, acelera a dixestión.

Limón[editar | editar a fonte]

Non se recomenda mesturar con zume de limón, pois o ácido cítrico presente nesta froita reacciona co anhídrido carbónico da tónica deixando a esta sen as súas características burbullas e facendo que o Gin tonic perda a súa forza en breves minutos. Polo que se debe decorar só con pel de limón ou de lima.

Malia esta recomendación, o agregado de zume limón é un costume en varios países, onde ata se introduce un toro transversal de limón na copa.

Información nutricional[editar | editar a fonte]

A seguinte información nutricional refírese a un Gin tonic en vaso de 200 ml.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jon Bonné (2006-02-08). "Secrets to a perfect gin and tonic". MSNBC. http://www.msnbc.msn.com/id/14134801/. Consultado o 2010-06-02. 
  2. Herbst, Sharon; Ron Herbst (1998). The Ultimate A-to-Z Bar Guide. New York: Broadway Books. p. 175. ISBN 978-0-7679-0197-0. 
  3. Regan, Gary (2003). The Joy of Mixology. New York: Clarkson Potter. p. 261. ISBN 978-0-609-60884-5. 
  4. "Greenall's Gin & Tonic 250ml product information". Tesco.com. http://www.tesco.com/superstore/xpi/8/xpi64553768.htm. Consultado o 2010-06-02. 
  5. "G and T". Oxford Dictionaries. April 2010. Oxford University Press. 6 December 2010.
  6. Bombaysapphire.com
  7. Hendrick's Curiositorium
  8. [1]
  9. [2]
  10. See, for example, Short List's discussion of the subject.
  11. Recomendación de Gordon (unha marca líder no mercado do Reino Unido) pódese atopar en UK website.
  12. Usar lima é un consello de Tanqueray website, here.
  13. Recomendación de Bombay Sapphire (unha marca popular en Galicia) pódese atopar en UK website.
  14. Tonic water: sweet, bitter medicine, The Free Library. Retrieved 30 December 2009.
  15. Burkhart, Jeff (2010). "Do you know where your New Year's cocktail comes from?". National Geographic Assignment. http://nationalgeographicassignmentblog.com/2010/12/30/do-you-know-where-your-new-years-eve-cocktail-comes-from/. Consultado o 2010-12-01. 
  16. "Bombay Pushes Gin-trend with glassware". www.thedrinksbusiness.com. http://www.thedrinksbusiness.com/2012/08/bombay-pushes-gin-trend-with-glassware/. Consultado o 2012-01-09. 
  17. "The 8 Great Gins of London Gin Club". http://londoncocktailscholars.co.uk. http://londoncocktailscholars.co.uk/london-gin-club/. Consultado o 2012-08-15. 
  18. "World Gin Day Gin Tonica Tasting". SummerFruitCup.com. http://summerfruitcup.wordpress.com/2012/06/08/gintonica/. Consultado o 2012-07-06. 
  19. "Spain's Gin And Tonica Bars". foodrepublic.com. http://www.foodrepublic.com/2011/04/20/spains-gin-and-tonic-bars. Consultado o 2012-07-06. 
  20. "¿Cuántas calorías tiene un gin tonic?", artigo en Verema, xuño de 2012 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gin tonic Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • Dubonnet, outra bebida inventada para fomentar entre os soldados coloniais europeos en climas tropicais a tomar quinina
  • Lillet, un viño aperitivo
  • Quinquina, a quinina que contén a bebida utilízase ás veces mexturada con xenebra

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]