Gilberto Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGilberto Gómez
Biografía
Nacemento12 de febreiro de 1952 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Crecente, España Editar o valor em Wikidata
Bispo diocesano
20 de xuño de 2009 –
← Isidre Sala i Ribera
Bispo titular
22 de decembro de 2001 –
Bispo auxiliar
22 de decembro de 2001 –
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (2002–), sacerdote católico (1975–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónIsidre Sala i Ribera Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata
(la) Adeamus cum fiducia Editar o valor em Wikidata

Gilberto Gómez González, nado en Albeos o 12 de febreiro de 1953, é un bispo católico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ordenouse crego católico en 1975 en Tui. Foi vicerreitor e profesor de lingua e literatura española do seminario menor da diocese de Tui-Vigo. Pertence á Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz, dependente da Prelatura do Opus Dei,[1] en 1986 marcha como misioneiro á diocese de Abancay da que é responsable esta organización, no Perú, onde ocupa os cargos de crego dunha parroquia e de reitor do seminario menor, e despois como reitor do seminario maior de Abancay[2]. En 2001 é nomeado bispo auxiliar da diocese de Abancay, no Perú.

Ademais da súa actividade pastoral, monseñor Gómez é un gran amante da literatura, sobre todo teatro e poesía, e ten publicado poemarios de temática relixiosa.

Obra poética[editar | editar a fonte]

  • Gómez González, Gilberto (2005). Via Lucis. Fundación Fernando Rielo. ISBN 8486942640. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. “La clave del espíritu misionero es saltarse las dificultades”, afirma el obispo auxiliar de Abancay, Gilberto Gómez González Arquivado 12 de xullo de 2007 en Wayback Machine., Vigo Metropolitano
  2. Web da diocese de Abancay Arquivado 17 de maio de 2009 en Wayback Machine., consultado o 15/12/2008