José María Gil Robles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gil Robles»)
Infotaula de personaJosé María Gil Robles

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) José María Gil-Robles y Quiñones Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de novembro de 1898 Editar o valor em Wikidata
Salamanca, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de setembro de 1980 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de La Almudena Editar o valor em Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas

26 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Salamanca (en) Traducir
Ministro da Guerra
6 de maio de 1935 – 14 de decembro de 1935
← Carlos MasqueletNicolás Molero Lobo (en) Traducir →
Deputado nas Cortes republicanas
Representa: Acción Popular

30 de novembro de 1933 – 21 de decembro de 1933

Circunscrición electoral: Salamanca (en) Traducir
Deputado nas Cortes republicanas
Representa: Acción Popular

27 de novembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: León (en) Traducir
Deputado nas Cortes republicanas

6 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Salamanca (en) Traducir
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residenciaapartments of the architect Ricardo García Guereta (en) Traducir (1952–1980) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , profesor universitario , xornalista , ministro , xurista , autobiógrafo , escritor , avogado Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oviedo Editar o valor em Wikidata
Partido políticoConfederación Española de Derechas Autónomas Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosÁlvaro Gil-Robles (pt) Traducir, José María Gil-Robles y Gil-Delgado Editar o valor em Wikidata
PaiEnrique Gil Robles (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesEnrique Gil y Carrasco (tio-avô (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios

José María Gil Robles y Quiñones de León, nado en Salamanca o 22 de novembro de 1898 e finado en Madrid o 14 de setembro de 1980, foi un avogado e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mitin de José María Gil Robles, 1935.

Fillo de Enrique Gil Robles. Licenciouse en Dereito na Universidade de Salamanca con 21 anos. Doutorouse na Universidade Central de Madrid e obtivo a cátedra de Dereito Político da Universidade de La Laguna en 1922. Volveu a Madrid e formou parte da redacción do xornal católico El Debate, dirixido por Ángel Herrera Oria. Secretario da Confederación Nacional Católico-Agraria, en 1922 integrouse no Partido Social Popular, liderado por Ángel Ossorio y Gallardo. Na ditadura de Primo de Rivera colaborou con José Calvo Sotelo na redacción do Estatuto Municipal.

Nas primeiras eleccións da II República presentouse nas candidaturas do Bloque Agrario e foi elixido deputado por Salamanca. En 1931 pasou a militar en Acción Nacional, creada por Ángel Herrera Oria e rebautizada en 1932 como Acción Popular, cando Gil Robles xa era un dos seus principais dirixentes.

A finais de febreiro e principios de marzo de 1933 participou na creación da Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA), ao integrar nela a Acción Popular. O seu novo partido obtivo a vitoria nas eleccións de novembro de 1933, pero cunha escasa maioría (115 escanos de 450), o cal o imposibilitaba para formar goberno en solitario. Apoiou ao novo gabinete presidido por Alejandro Lerroux desde ese mesmo mes, así como aos seguintes, encabezados tamén por outras figuras do Partido Republicano Radical de Lerroux.

O 6 de maio de 1935 foi nomeado ministro da Guerra por Lerroux.

Despois da vitoria do Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 converteuse no xefe da oposición parlamentaria. A súa figura viuse cada vez máis eclipsada polos postulados máis radicais de José Calvo Sotelo. Gil Robles abandonou España e dirixiuse a Francia. Expulsado polo goberno de Léon Blum, pasou a Portugal.

Trala fin da guerra civil española apoiou a causa monárquica. Regresou a España en 1953 pero foi desterrado en 1962. Xa en 1972 foi un dos avogados do caso Reace.

Predecesor:
Carlos Masquelet Lacaci
Ministro da Guerra

6 de maio de 1935 - 14 de decembro de 1935
Sucesor:
Nicolás Molero Lobo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]