Giaros - Γυάρος

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Giaros - Γυάρος
Vista da illa
[[Ficheiro:|330px| ]]
Datos
Capital
País Grecia
Localización Mar Mediterráneo
Arquipélago Cícladas
Linguas Grego
Poboación (2010) Deshabitada
Superficie 23 km²
Densidade
Coordenadas 37°37′N 24°43′E / 37.617°N 24.717°E / 37.617; 24.717
Maior Altura 489 m. Monte Giaros
Localización
Localización  da illa

Giaros (grego: Γυάρος) é unha árida e despoblada illa grega do norte das Cícladas ao suroeste de Andros e o noroeste de Siros, que depende da municipalidade de Ano Siros e forma parte da provincia de Siros e da rexión do Exeo Meridional. Ten 37 km² e a súa máxima altura é de 489 m.

Antigamente era coñecida como Gyaros ou Gyara (en latín gyaru), estaba habitada e tiña unha pequena cidade de pescadores que foi visitada por Estrabón. Un delegado da illa foi enviado (30 a.C.) a Corinto, onde se atopaba Augusto, para pedir a redución do tributo de 150 dracmas, xa que os insulares apenas podían pagar cento.

Esta e outras pequenas illas do mar Exeo serviron como lugares de exilio para as persoas importantes no imperio romano, entre outros, o filósofo Musonio estivo desterrado en tempos de Nerón. A súa desolación extrema era proverbial entre os autores romanos, como Tácito e Juvenal.

Modernamente volveu ser lugar de desterro e entre 1948 e 1974 unhas 22.000 persoas da esquerda grega foron deportadas á illa. O lugar onde vivían os desterrados, equivalente a un cárcere, está ao sueste da illa e chamase tamén Giaros, o goberno grego manten o recordo polos que sufriron a represión.