Giancarlo Cornaggia-Medici

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Giancarlo Cornaggia-Medici, nado en Milán o 16 de decembro de 1904 e finado na mesma cidade o 23 de novembro de 1970, foi un tirador de esgrima italiano, gañador de cinco medallas olímpicas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou, aos 23 anos, nos Xogos Olímpicos de 1928 celebrados en Ámsterdan, gañando a medalla de ouro na proba por equipos de espada. Nos Xogos Olímpicos de 1932 dos Ánxeles logrou a medalla de ouro ma proba individual e foi medalla de prata na proba por equipos. Nos Xogos Olímpicos de 1936 de Berlín gañou a medalla de prata na proba por equipos e foi medalla de bronce na individual.

Ao longo da súa carreira gañou catro medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, entre elas dúas de ouro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]