Giambologna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Giambologna, retrato por Hendrick Goltzius

Giambologna, sobrenome italianizado de Jean de Boulogne, (Douai, 1529 - Florencia, 1608), foi un escultor flamengo, que traballou en Italia, especialmente en Florencia. En España foi coñecido, en tempos como Juan de Bolonia.

Formado no seu país, Flandres, na cidade de Anveres, no obradoiro do escultor Jacques Dubroeucq, no 1550 marchou para Roma, con obxectivo de estudar as estatuas antigas conservadas en coleccións privadas e máis as obras de Miguelánxelo. Precisamente o contacto con a arte do grande artista italiano fixo desenvolver no xoven flamengo a propensión a representacións de figuras con forte tensión dinámica.

Á volta da súa viaxe, Giambologna detívose en Florencia, sendo hospedado polo mecenas Bernardo Vecchietti. Nesta cidade estudou as esculturas de Tribolo e dr Pierino da Vinci e foi presentado por Vecchietti na corte de Francesco I de' Medici.

Nos primeiros anos de traballo para os Medici, que lle pagaron un salario mensual desde 1561 , Giambologna realizou esculturas para espectáculos publicos e máis obras de pequeño tamaño, en mármore e bronce, para coleccións.

Logo de participar no concurso para a Fonte de Neptuno na Praza da Signoria (gañado por Ammannati), realizou a súa primeira obra de notábeis dimensións Sansón e un filisteo.

Outras cidades italianas confiáronlle importantes comandas públicas, tales Lucca, Xénova e Boloña.

Il Giambologna foi o máis importante dos escultores da época do maneirismo e o grande legado que deixou na cidade de Florencia fixo que a súa maneira fose seguida bastante tempo despois da súa morte.

Obras (selección)[editar | editar a fonte]

Mercurio, Louvre, París

Galería[editar | editar a fonte]