Ghouls 'N Ghosts

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ghouls 'N Ghosts é un videoxogo desenvolvido por Capcom para Sega en 1989. Orixinalmente creado para máquinas recreativas saíron versións para Amiga, Amstrad CPC, Atari ST, Commodore 64, Genesis, Sega Master System e ZX Spectrum.

Segunda parte de Ghosts 'N Goblins. Estamos na Idade Media e o cabaleiro Arthur ten que se enfrontar ás forzas do mal para rescatar a unha princesa secuestrada. Dispón dunha armadura que o protexe contra as os seus inimigos e de diversas armas, machada, disco, espada, bólas de lume.