Gert Steegmans
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Informacións | |
|---|---|
| Nome | Gert |
| Apelido | Steegmans |
| Data de nacemento | 30 de setembro de 1980 |
| País | |
| Equipo | |
| Último equipo | Quick Step-Innergetic |
| Equipo(s) Pro | |
| 2003-2004 2005-2006 2007- |
Lotto Davitamon-Lotto Quick Step-Innergetic |
| Principais vitorias | |
|
|
Gert Steegmans é un ciclista belga nado o 30 de setembro de 1980 en Hasselt.
Carreira profesional [editar]
Steegmans é un esprinter moi corpulento, de 1,90m e 82 kgs de peso. Fixo o seu debú como profesional en 2003 no equipo belga Lotto. Steegmans conseguiu once vitorias ao longo da súa traxectoria como profesional, das que as máis importantes foron a segunda tirada do Tour de Francia 2007, con chegada precisamente na cidade belga de Gante, e a última tirada do Tour de Francia 2008, coa chegada habitual nos Campos Elisios de París.
Tamén conseguiu vitorias de tirada na Volta a Picardía, na Volta a Bélxica ou na Volta ao Algarve, entre outras probas ciclistas por tiradas.