Germán Lago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGermán Lago

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de outubro de 1883 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de decembro de 1967 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Germán Lago Durán, nado en Vigo o 19 de outubro de 1883 e finado en Madrid o 19 de decembro de 1967, foi un músico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de Emilio Lago e de Manuela Durán. A súa mocidade e parte da súa vida discorreu na bisbarra do Val Miñor, no camiño que vai da estrada de Baiona á casa reitoral de Santa Cristina da Ramallosa, a carón da casa señorial dos del Río e fronte á casa do Regalo, propiedade de José Rial Valverde "O Pataqueiro".

Estudou solfexo e piano en Baiona con Urbano Vernet, fundador e director da Banda de Música Mougas, despois chamada de Baiona. En 1900 pasou a dirixir o orfeón La Lira de Gondomar.

O 17 de abril de 1909 o concello de Vigo pagoulle unha bolsa de 1.500 pesetas para continuar a súa formación, indo a Madrid a estudar violín e harmonía. Nese mesmo ano acadou o título de profesor de violín no Conservatorio de Madrid coa clasificación de Sobresaliente, e propúxoselle perfeccionar a súa carreira no estranxeiro.

Tiña unha voz ben timbrada, e cantaba ben fados e tangos, aprendidos pola influencia da proximidade de Portugal e polos aires traídos polos emigrantes retornados de América. Por estas datas compuxo as pezas "Lembranzas" e "Meu Fillo".

En 1911 formou a Orquesta Mandolinista Española, composta por instrumentos de puga, guitarras e piano que por veces el mesmo tocaba. Os concertos dados por esta orquestra en Madrid acadaron moi boas críticas nos periódicos El Liberal e ABC, e consegue un contrato para actuar no Alambra Palace de Londres.

En 1914 deixa a praza de profesor de violín do Conservatorio de Madrid debido a unha grave enfermidade, e vese obrigado a disolver a Orquesta Mandolinista Española, e regresa a Vigo para coidarse da súa doenza. Ao cabo dun ano volve a Madrid e empeza a traballar no Instituto Geográfico.

En 1915, xa reposto da doenza, regresa a Madrid, onde crea a Orquesta del Centro de Hijos de Madrid, composta por instrumentos de puga e guitarras. Preséntase o 26 de xullo dese mesmo ano, e a orquestra interpretaba tanto un repertorio popular e de zarzuela como obras de Enrique Granados, Isaac Albéniz, Francisco Tárrega, Bach ou Mozart. A agrupación desfíxose por problemas económicos.

En 1928 organiza os primeiros ensaios da futura Orquesta Ibérica de Madrid, composta por 50 profesores: bandurrín, bandurra principal (concertino), bandurras 1ª (divididas en A e B), bandurras 2ª (divididas en A e B), laúde contralto, laúde tenor (divididos en A e B), laúde baixo, guitarra 1ª e guitarra 2ª. O primeiro concerto tivo lugar o 14 de xuño de 1929 no Teatro de la Comedia de Madrid.

O músico e musicólogo vigués Juan José Mantecón Molins escribiu para o diario La Voz:

El efecto de sonoridad de esta reciente Orquesta, es tan grato como lleno de curiosa novedad e interés. El temor de que su timbre sensiblemente igual, aliado al mecanismo del trémolo, pudiera hacerse monótono, está inteligentemente vencido por la pericia de la técnica instrumental de sus elementos integrantes y por la rica gradación de matices y volumen sonoro que su Director sabe conseguir.

Nesta tempada Germán Lago alternaba o seu traballo na Facenda Pública, onde chegou a ser Xefe de Administración, cos ensaios da orquestra, ademais de dar clases de guitarra, bandurra e laúde na sociedade Fomento de las Artes.

En 1930 foi nomeado socio número 30 da Asociación Española de Concertistas, e ofrecéuselle o posto de catedrático de guitarra en Tetuán.

A Orquesta Ibérica tivo dúas fases. A primeira viuse interrompida pola Guerra Civil, e a segunda tivo lugar entre 1940 e 1965.

O vencello do compositor co Val Miñor refléxase co pasodoble "Gondomar", estreado o 5 de abril de 1936 abrindo o concerto que a Banda Municipal de Madrid realizou no Parque del Retiro baixo dirección de José María Martín Domingo quen lle cedeu a batuta a Germán Lago.

Na primeira fase da orquestra foron gravados na marca Odeón a "Serenata de la Fantasía Música" de Ruperto Chapí e o "Capricho Arabe" de Francisco Tárrega. Na segunda fase incorporáronse nomes da relevancia coma Manuel Grandío (concertino), Gregorio Rubio, Santiago Nebot ou os irmáns Ernesto e Claudio Tabernero.

Lago rexeitou unha oferta da Falange Española para incluír a Orquestra ao Movimiento Nacional, e apoiouse no mecenádego dos seus amigos galegos, coma o Lar Gallego, que lle ofrecía os seus locais para ensaiaren dende as 10 ás 12 da noite varios días á semana. Despois os ensaios foron realizándose noutros locais, na rúa Farmacia, na praza de Santa Ana, ou na rúa Imperial, nun local compartido coa Banda Municipal de Madrid.

A reaparición da Orquesta en 1940 foi acollida na prensa con críticas favorables:

He tenido ocasión de escuchar un concierto a la más españolisima orquesta que pueda imaginarse. Ciertamente, no es nuevo este intento del gran artista y director Germán Lago; era jovencito y tenia el pelo rizado cuando comenzó a hacer pinitos orquestales, formando grupos más o menos nutridos. Cuarenta profesores constituyen la Orquesta Ibérica, entre laúdes y guitarras. Bandurrines chiquiticos que suben a la estratosfera, bandurrias estudiantiles, laúdes altaneros y masa de guitarras, todo ello estupendamente guisado y servido; logrando una sonoridad llena, aunque jamás agria, y obteniendo preciosos detalles de finura y delicadeza. "Cantigas" del siglo XIII, "Variaciones" de Narváez, "Danzas" de Gaspar Sanz. En fin, lector, que fuimos saltando de siglo en siglo, hasta llegar a nuestra aperreada época. Pero ilustre músico, ¡Usted no es un Lago, es un mar: el Pacífico! (Joaquín Turina, Dígame, 7 de outubro de 1940).
Francamente interesante es la audición de las obras españolas antiguas por ser desconocidas del público y encerrar un valor que debe enorgullecernos. Y las transcripciones del maestro Lago son muy acertadas, teniendo un gran sabor en los instrumentos de pulso y púa, que semejan a veces una vihuela, a veces un clavecín. Debe difundirse esta música, y para ello no debería faltarle ayuda a la Orquesta Ibérica y su entusiasta director. (José María Franco, Ya, 8 de outubro de 1940).
"Música de pulso y púa": El Maestro Lago y la Orquesta Ibérica de Madrid, como los nobles del siglo XVI, 40 madrileños tañen laúdes y guitarras. Gracias a ellos escuchamos partituras que oyó el Emperador Carlos V, Felipe II y la Corte Imperial. (Informaciones, 2 de xaneiro de 1949).

Tamén tivo repercusión no ámbito internacional. Así, Kart Wecher, director do local de concertos Hollywood Bowl, que escoitou a orquestra invitado polo doutor Antonio Vallejo-Nájera, manifestou no Los Angeles Times que as dúas grandes impresións que levara de España foran a colección de Stradivarius do Teatro Real e a Orquesta Ibérica de Madrid.

Por mor das boas críticas e os logros artísticos acadados, o Ministerio de Educación e Ciencia concedeu á agrupación unha bolsa de 60.000 pesetas anuais, pero non conseguiu axudas para ir dar concertos a países que a invitaban coma Suíza, Países Baixos ou Suecia.

En 1957 ofreceu a súa derradeira actuación importante no Instituto de Cultura Hispánica. Anos máis tarde da súa desaparición o musicólogo Federico Sopeña escribía:

Hace ya siete años, es decir, en el año inolvidable, fecundo y alegre del Concierto de Aranjuez, Regino Sainz de la Maza nos llevó a un local de ensayo situado no sé dónde. Se trataba, nada menos, que de una orquesta de "instrumentos españoles"; para mí, en plena fiebre, Dios me la conserve, de antipintoresquismo, aquello era una invitación para el recelo y aun el desprecio. Al día siguiente le contaba mi impresión a D. Eugenio D’Ors. Esto es maravilloso: bandurrias, guitarras, interpretando la música española menos pintoresca, música de vihulistas, de Cabezón, de franceses e italianos también, cuya transmigración desde el laúd se conseguía jugosa y llanamente. Aquella orquesta desterraba ese sonido metálico e hiriente que suele hacer de las rondallas polo enemigo de ternuras y delicias: aquella orquesta, y esto era lo importante, buscaba un repertorio nutrido del fondo más recóndito y característico de nuestra música nacional, ese meollo que uno ya no sabe si es así o si así lo soñamos: autenticidad y hasta popularismo, pero con buen aire de europea ciudadanía. Aquella orquesta que dirigía el maestro Lago, se fue, casi nonata, por nuestra desidia y por la elegante incapacidad para el machaconeo y para la intriga de su fundador. Así, con muy escasa conciencia de la pérdida, se esfumaba la maravillosa posibilidad de un instrumento único.

Germán Lago pasaba as feiras de verán no Val Miñor, frecuentando o xa desaparecido bar Chaín de Gondomar, a carón do río Zamáns e preto do antigo campo da feira das Gaiandas. Nas últimas tempadas hospedábase no bar Galicia da Ramallosa.

Xa maior casou con Cristina Ortega Collantes, pero non tiveron fillos. Vivían nunha casa de alugueiro no número 41 da rúa Juan Tornero de Madrid. Tiña cancro de pulmón, e finou ás doce horas do 19 de decembro de 1967 debido a un colapso cardiaco. Foi enterrado no Cementerio de la Almudena.

"Ha muerto un ilustre músico miñorano" (Manuel María Martinez).

Hallé la triste noticia en ABC de 26 de diciembre en la esquela mortuoria que dice así, en sustancia: "Don Germán Lago Durán, Director que fue de la Orquesta Ibérica de Madrid, Funcionario del Ministerio de Hacienda, jubilado, ha fallecido".

Pocos de sus paisanos habrá que lo recuerden a causa de su avanzada edad y de su prolongada estancia en Madrid, solo interrumpida de tarde en tarde con alguna carta vacación. Pero ¿quién no le conocía a principios de siglo en todo el Valle Miñor y en muchas leguas a la redonda? Yo lo recuerdo en los años de su mocedad cuando asistía a diario a la clase de solfeo y luego de piano con el maestro Urbano Vernet en Bayona, haciendo el recorrido a pie desde La Ramallosa cuando la bicicleta aun era un lujo.

El dominio de la música que llego a adquirir puede calificarse de prodigioso. No hubo instrumento que se le resistiese. Lo mismo tocaba el armonio que el violín o la flauta formando parte de las orquestas que solían solemnizar ciertas fiestas religiosas, que se sentaba al piano para un baile o para amenizar una fiesta de sociedad.

Pero fue en el manejo de los instrumentos de pulso y púa donde sobresalió su arte por modo excepcional. Plagiando a Curros Enríquez en "O gueiteiro de Penalta", podía decirse de Germán Lago: "¡O que el tocando sabía! - O que él cos dedos podía – nunca guitarra fager!".

Mas no lo hizo para sí solo, porque fueron innumerables los aficionados a quienes enseñó y no pocas las rondallas que formó y dirigió en el Valle Miñor por un buen espacio de años; rondallas para las serenatas, para los bailes, para las fiestas de Navidad, Año Nuevo y Reyes y especialmente para las comparsas de Carnaval que solían organizarse en Bayona en los primeros años del siglo. Una de éstas alcanzó un éxito enorme, no solo en el Valle, sino también en su visita a Vigo y otras poblaciones de Galicia.

Evocando conmigo estos recuerdos el amigo Germán el verano de 1960 en La Ramallosa, contaba la siguiente anécdota relativa a dicha comparsa. La dirigía el también músico, y por otros conceptos famoso, José María Barreiro, autor de la letra y adaptador de la música. Respondiendo a su título de “Guardia Mora”, se aludía en algunas de sus canciones a la guerra que sostenía por entonces el Sultán de Marruecos contra las cábilas insurgentes que acaudillaba un moro llamado el Roghí. La estrofa de la Jota, decia así: "Si es prisionero el Roghí – de las tropas del Sultán – entrará en Fez enjaulado – como un feroz animal". Y el hecho fue que José María Barreiro resultó profeta, porque al poco tiempo el Roghí fué hecho prisionero y, enjaulado o no, entró en Fez y fue ejecutado.

Mucho fue lo que Germán Lago contribuyó, con su enseñanza y con sus rondallas, a la difusión de la cultura musical e incluso al fomento de amistosas relaciones entre las gentes y los pueblos del Valle, pero su mérito y valer personal iba a ser en Madrid donde se revelaría por modo espléndido al llevar a cabo la magna empresa de crear de la nada por su propio esfuerzo y amor al arte, la gran Orquesta Ibérica, gala que fue de la capital de España y nunca en toda ella igualada ni de lejos, antes ni después de él, por ninguna otra agrupación musical similar.

Magna empresa, hemos dicho, y merece ese dictado la improba labor de la previa captación de voluntades y aptitudes, de preparación y adiestramiento de un numeroso grupo de elementos, de transcripción de partituras a distintas claves y tonos para los diversos instrumentos, varios de los cuales necesitó diseñar y construir ex profeso a fin de alcanzar la extensa tesitura de la orquesta normal, condición indispensable para poder adaptar a la de su creación no pocas páginas de las mas célebres obras musicales.

De la maestría técnica que demostró en la distribución y acoplamiento de las diversas cuerdas instrumentales, de la potencia sonora, brillantez y colorido que logró de todo el conjunto, así como la gradación de matices y, en fin, de la acabada perfección de sus interpretaciones, se hicieron lenguas los críticos musicales de la prensa madrileña.

En cuanto a los géneros de música por él cultivados, aparte de los clásicos y románticos de los últimos siglos, dió a conocer, acaso el primero en España, no pocas páginas, verdaderas filigranas, de los madrigalistas del S.XVIII si bien, por la índole españolísima de los instrumentos de pulso y púa de los que constaba exclusivamente su Orquesta, fue con la ejecución de las obras de nuestros grandes autores, Albeniz, Falla, Granados y Turina donde alcanzó los mayores éxitos de público y crítica. Todo un artista y una gloria auténtica de la música española y de quien su tierra natal puede sentirse legítimamente orgullosa.

O cuarteto Aguilar foi fundado en 1923 por compañeiros de estudos: Ezequiel (laudín), Pepe (laudete), Elisa (laúde) e Paco Aguilar (laudón). E a primeira agrupación de plectro que incorpora o laudón e o laudete.

A orquestra de Plectro Germán Lago de Portillo (Valladolid), foi fundada en 1990 co nome Orquesta de Pulso y Púa Andrés Segovia, mudando o nome no ano 2000. Está composta polos alumnos da escola de música Andrés Segovia de Portillo, a proposta de Jesús Gutiérrez Lebrero. Actualmente e un grupo de vinte membros de diversas edades.

A Fundación Joaquin Diaz – Museo de instrumentos musicales de Ureña organiza os certames de plectro Germán Lago desde o ano 2002, coa participación dos grupos máis importantes da España.

Obras[editar | editar a fonte]

Composicións[editar | editar a fonte]

  • "Ondinas" valse lento para banda (1912)
  • "Progreso" pasodoble para banda (1912)
  • "Recordación" marcha para banda, editada por Villanueva e Hijo (Vigo 1914)
  • "Cantares de Asturias" (rapsodia)
  • "Chispero"
  • "Gondomar" (pasodoble)
  • "Lembranzas"
  • "Meu fillo"
  • "Verónicas y faroles" (pasodoble torero)

Arranxos e adaptacións[editar | editar a fonte]

(As partituras das obras destacadas enriba están no fondo da Biblioteca Nacional)

A Editorial Música Moderna publicou máis de 250 obras de Germán Lago (composicións, arranxos, métodos...), pero xa non está dispoñible á venta.

Gravacións da Orquesta Ibérica de Madrid[editar | editar a fonte]


Orquesta Ibérica de Madrid – Selección:

  • "(La Verbena de la Paloma/Bretón; La viejecita/ Caballero; La Dolores, Pasacalle, Jota, Garín y Sardana/ Bretón; Fantasia morisca/ Chapí; Capricho árabe/ Tárrega Garín) –Columbia -1958

Orquesta Ibérica de Madrid – Selección:

  • "(Cantares de Asturias/ Germán Lago; La mesonera de Tordesillas/ Moreno Torroba; Guitarras y bandurrias/ Soutullo y Vert; Viva Navarra/ Larregla; El sombrero de tres picos, Danza delmolinero/ Manuel de Falla; Tamborcillo de Navidad, Muérdago y La carrasquilla/ Guridi; Farruca/ Muñoz Molleda; Paño murciano/ J. Nin; Rústica y Calesera/ Joaquín Rodrigo; Gavota/ Tárrega) -Columbia -1958
  • "Orquesta Ibérica de Madrid – Vol. 1:

(Sevilla, Granada y Cádiz/ Albéniz;Villanescas/ Granados; Estudiantina/ Turina; Agua, azucarillos y aguardiente/ Chueca; L’entrá de la murta/ Giner; Chispero, Verónicas y Faroles y Gondomar/ Germán Lago) –Columbia -1972

  • "Orquesta Ibérica de Madrid – Vol. 2:

(La Dolores, Pasodoble, Jota, Garín y Sardana/ Bretón; Fantasía morisca/ Chapí; Capricho árabe/ Térrega; La verbena de la Paloma/ Bretón) –Clumbia -1972

  • "Orquesta Ibérica de Madrid – Vol. 3:

(El sombrero de tres picos. Danza del molinero/ Manuel de Falla; Tamborcillo de Navidad, Múerdago y La Carrasquilla/ Guridi; Paño murciano/ J. Nin; Caleseras/ Joaquín Rodrigo; Gavota/ Tárrega; Cantares de Asturias/ Germán Lago; La mesonera de Tordesillas y Pavana/ Moreno Torroba; Guitarras y bandurrias y Schottish/ Soutullo y Vert; Viva Navarra/ Larreta) –Columbia -1972

  • "Orquesta Ibérica de Madrid – Selección nº 5:

(La oración del torero/ Turina; Miniaturas medievales/ Muñoz Molledo) –Cia. Del Gramófono Odeón -1958

  • "Orquesta Ibérica de Madrid – Selección nº 6:

(Asturias y Córdoba/ De Cantos de España/ Isaac Albéniz) – Cia. Del Gramófono Odeón - 1958

  • "Pan y toros y El barberillo de Lavapiés: Fantasias de Barbieri –Cia. Del Gramófono Odeón -1929
  • "Serenata de la Fantasía morisca: De Ruperto Chapí y Capricho árabe: De Tarrega –Transoceanic Trading Cº -1931
  • "Verónicas y faroles: Pasodoble de Germán Lago y Gigantes y cabezudos: Jota de Manuel Fernández Caballero –Transoceanic Trading Cº -1931
  • "Villanesca: de Danzas españolas: De Enrique Granados y Cádiz: De Isaac Albéniz –Cia. Del Gramófono Odeón -1952

(As gravacións das obras destacadas enriba están no fondo da Biblioteca Nacional)

Da Orquesta Ibérica de Madrid foi publicado un álbum con tres discos de vinilo gravado na marca Regal con todas as partituras adaptadas por Germán LAGO e co contido seguinte

Selección nº 1

  • "Cantiga Galaica. (Siglo XIII): Anónimo
  • "Cantiga de Alfonso X, El Sabio: (1252-1284) Códice nº 169 (Virgen de la Arrixaca).
  • "Pavana y Romanesca. (Siglo XVI): De Alfonso Mudarra
  • "Diferencias. (Siglo XVI): De Luis de Narváez
  • "Chacona y Canario. (Danzas del Siglo XVII): De Gaspar Sanz ,1640-1710
  • "Minué cantado: De José Bassa, 1670-1730
  • "Sonata nº 10: Del Padre Antonio Soler, 1729-1783
  • "Sonata en re: De Mateo Ferrer, 1788-1864
  • "Bolero. (Siglo XVIII): De Fernando Sor

Selección nº 2

  • "Suite en mi menor. (Air Tendre, Courante et Guige): De J.B. Lully, 1633-1687
  • "Rigaudon, Músete, en Rondeau et le Tambourin: De Jean Philippe Rameau, 1683-1765
  • "La ronda baquica: De C. Daquin, 1694-1772
  • "Pavana, Gallarda y Victoria. (Variaciones): De William Byrd, 1543-1623
  • "Suite en mi menor. (Zarabanda, Gavota, Minueto, Bourré y Giga). (Siglo XVII): De Robert de Visëe

Zarabanda, Siciliana y Rigodon: De F. Francoeur, 1698-1787

Selección nº 3

  • "Asturias. (Leyenda): De Isaac Albéniz, 1860-1909
  • "La oración del torero. (Versión original): De Joaquín Turina, 1882-1949
  • "Negra sombra. (Balada gallega): De Juan Montes, 1840-1899
  • "Córdoba. (De “Cantos de España”): De Isaac Albéniz, 1860-1909
  • "El amor brujo. (Romance del pescador): De Manuel de Falla, 1876-1947
  • "Danza de la pastora: De Ernesto Halffter
  • "Miniaturas medievales. (La bella cautiva de la torre, Canción de amigo y Juglaresca): De Muñoz Molleda

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]