Gerda Wegener
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gerda Marie Fredrikke Gottlieb, coñecida como Gerda Wegener, nada en Copenhaguen o 15 de marzo de 1885 e finada en Frederiksberg o 28 de xullo de 1940, foi unha pintora e ilustradora erótica dinamarquesa. Tras unha vida en provincias, marchou a Copenhaguen para inscribirse na Academia de Belas Artes e onde casou co artista Einar Wegener, máis tarde coñecido como Lili Elbe, en 1904.