Gerardo Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gerardo Iglesias
Gerardo Iglesias Argüelles
{{{cargoexecutivo1}}}
Período: {{{periodo1}}}
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: {{{sucesor1}}}
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 29 de xuño de 1945 (68 anos)
Lugar: Mieres, España
Falecemento:
Lugar: ,
Organización: Partido Comunista de España, Izquierda Unida
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): Secretario Xeral do PCE (1982-1988)
Coordinador Xeral de IU (1986-1988)
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Mineiro
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Gerardo Iglesias Argüelles, nado en La Cerezal (Mieres, Asturias) o 29 de xuño de 1940, é un político español, actualmente retirado.

De familia antifranquista comprometida, durante os anos 1950, sendo aínda un cativo, tivo que asistir a como a Gardia Civil torturaba ao seu pai por apoiar aos maquis.

Vida política[editar | editar a fonte]

Afiliouse á Xuventude Comunista con apenas 16 anos, en 1961, pasando logo a militar no PCE, colaborou coa formación das Comisións Obreiras, polo que sería encarcerado en varias ocasións durante o réxime franquista.

A primeira destas detencións tivo lugar no 1962 co gallo da gran folga mineira en Asturias. Ao ano seguinte, sería elixido membro do Comité Central do PCE de Asturias

No 1966 xunto con outros membros de CCOO foi detido e condeado a 4 anos e 6 meses de cárcere. No 1973 foi elixido membro do Comité Federal do PCE, tralo cal foi detido novamente, pasando un ano no cárcere.

Na Asemblea Xeral de Barcelona, no 1976 resultou elixido Secretario Xeral de CCOO en Asturias. 2 anos despois, na III Conferencia Rexional, foi elixido Secretario Xeral do PCA. Foi reelixido membro do Comité Federal do PCE no IX Congreso, pasando a formar parte do Comité Executivo do mesmo.

Ao longo dos anos 80, produciuse no seo do PCE o enfrontamento entre os sectores eurocomunistas, liderado polo secretario xeral Santiago Carrillo, e o sector renovador, ao que pertencían entre outros Gerardo Iglesias e Dolores Ibárruri. Como resultado deste enfrontamento, Santiago Carrillo dimitiu en novembro do 1982, sucendéndolle no cargo Gerardo Iglesias, representando así o fracaso da liña eurocomunista que culminaría coa expulsión de Santiago Carrillo no 1985

Como secretario xeral do PCE, promoveu, a partir da plataforma anti-OTAN, a creación de Izquierda Unida no 1986, da que foi primer Coordinador Xeral. Nas eleccións xerais dese ano, foi candidato á presidencia do goberno, sendo elixido deputado por Madrid.

No XII Congreso do PCE(1988), renunciou á secretaría xeral, sucedéndolle no cargo Julio Anguita. Tras isto, retirouse completamente da vida política para volver a traballar na conca mineira asturiana.

En setembro de 2011 Gerardo Iglesias publicou o seu primeiro libro, Por qué estorba la memoria, editado por Madera Noruega Editores. Nel, Iglesias realiza un percorrido pola historia dos maquis en Asturias durante a Guerra Civil e ata que morre o derradeiro dos guerrilleiros acosado no monte. Son 22 relatos reais e desgarradores sobre os maquis asturianos e as súas familias e un alegato contra o olvido no que non faltan críticas aos dirixentes do PCE entón no exilio nin aos políticos actuais.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Por qué estorba la memoria (2011)


Predecesor:
Santiago Carrillo
Secretario Xeral do PCE
1982 - 1988
Sucesor:
Julio Anguita
Predecesor:
Fundación de IU
Coordinador Xeral de IU
1986 - 1988
Sucesor:
Julio Anguita