Geotail
|
|
|
|---|---|
|
|
|
| Tipo | Observación terrestre |
| Fabricante | |
| Organización | ISAS / NASA |
| Data de lanzamento | 24 de xullo de 1992[1][2][3] |
| Foguete portador | Delta II 6925[2][4][5] |
| Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[2][6] |
| Obxectivo da misión | Estudo da magnetocola terrestre.[2][6] |
| NSSDC ID | 1992-044A |
| Masa | 980 kg[2][6] |
| Dimensións | 2,2 m de diámetro por 1,6 m de alto.[2] |
| Potencia | 273 vatios[2] |
| Semieixo maior | 126.781,6 km[1] |
| Inclinación | 37 graos[1] |
| Apoapse | 186.025,5 km[1] |
| Periapse | 54.795,8 km[1] |
Geotail é un satélite artificial xaponés lanzado en colaboración coa NASA mediante un foguete Delta II 6925 o 24 de xullo de 1992 desde Cabo Cañaveral. Forma parte da colaboración internacional ISTP para comprender mellor as relacións Terra-Sol xunto cos satélites Wind, Polar, SOHO e Cluster.[2][5]
Características [editar]
A misión de Geotail foi estudar os procesos que teñen lugar na magnetocola para comprender mellor o funcionamento da magnetosfera terrestre, incluíndo a física das rexións límite, os fenómenos de reconexión magnética e os mecanismos de entrada, transporte, almacenamento, transferencia de masa e momento e enerxía.[2][4]
O satélite estabilízase mediante xiro, a unhas 20 revolucións por minuto, co eixo de rotación inclinado entre 85 e 89 graos respecto do plano da eclíptica. Ten forma de cilindro e mide uns 2,2 metros de diámetro por 1,6 metros de alto. A alimentación eléctrica é proporcionada por células solares montadas sobre o corpo cilíndrico e baterías para os momentos nos que o satélite entra na sombra da Terra. Os datos recíbense en tempo real mediante un enlace en banda X no Centro do Espazo Profundo de Usuda, en Xapón. Para os momentos nos que non é posible a transmisión en tempo real, Geotail leva a bordo un par de grabadoras de cinta cunha capacidade de 450 Mb cada unha.[2]
Instrumentos [editar]
Geotail leva sete instrumentos a bordo:[4]
- Instrumento de ondas de plasma (PWI)
- Composición de ións e partículas enerxéticas (EPIC)
- Detector de campo eléctrico (EFD)
- Medición de campos magnéticos (MGF)
- Partículas de baixa enerxía (LEP)
- Instrumento exhaustivo de plasma (CPI)
- Partículas de alta enerxía (HEP)
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "GEOTAIL" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=22049. Consultado o 28 de xaneiro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 2,9 "Geotail" (en inglés). 4 de novembro de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1992-044A. Consultado o 28 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Note verbale dated 17 February 1993 from the Permanent Representative of Japan to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (93-10783(E)): 1. 25 de febreiro de 1993. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=486.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Geotail" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/geotail.htm. Consultado o 28 de xaneiro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 "Delta 6925" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/lvs/dela6925.htm. Consultado o 26 de xuño de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "Geotail" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/geotail.htm. Consultado o 28 de xaneiro de 2012.