Georgy Lvov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Georgy Lvov.

Georgy Ievgenievich Lvov (en ruso Георгий Евгеньевич Львов), nado en Dresde o 30 de novembro de 1861 e finado o 7 de marzo de 1925, foi un nobre ruso, primeiro presidente da Rusia post-imperial, entre o 15 de marzo e o 21 de xullo de 1917.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pre-Revolución[editar | editar a fonte]

O príncipe Lvov naceu nunha familia nobre, descendente dos príncipes soberanos de Iaroslavl. Non moito despois do seu nacemento, a súa familia mudouse a Popovka, preto de Tula (Rusia) desde Alemaña. Graduouse en Dereito na Universidade de Moscova e traballou como funcionario ata 1893. Durante a guerra ruso-xaponesa, organizou traballos de reforzo no leste e en 1905, alistouse no partido Liberal. Un ano despois, gañou a elección para a primeira Duma. Foi o presidente da Unión de Zemstovs en 1914 e en 1915 chegou a ser o líder desta así como da Unión de Cidades que axudaron con voluntarios para a Guerra Mundial.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Despois da Revolución de Febreiro e a abdicación do tsar Nicolao II, Lvov accedeu ó poder do Goberno Provisional en 1917. Ao non alcanzar suficientes apoios, dimitiu en xullo dese ano en favor do ministro de Xustiza Aleksandr Kérenski. Lvov foi arrestado cando os bolxeviques se fixeron co poder ó ano seguinte. Escapou e exiliouse en París onde pasou o resto da súa vida.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Miguel II de Rusia

Presidente do Goberno Provisional

1917 (15 de marzo - 21 de xullo)
Sucesor:
Aleksandr Kérenski